Skip to Content

O que queira leite, que o munxa.

Hoxe traemos unha obra... imprescindibel. O refraneiro galego da vaca. Un compendio do saber popular, unha tradución da vida en idioma gandeiro. Homes (e mulleres) e vacas (e bois), reunidas nunha chea de frases nas que a rima e a sorna van da man para nos abrir os ollos da realidade, a propia e a allea, para facernos ver as pallas que non vemos de noso e, se cadra, rebaixar un pouco o volume das vigas que vemos nos outros. 

 


 



blog | by Dr. Radut