Skip to Content

Conversión de arquivos en-liña

Cada vez son máis as aplicacións informáticas que traballan "contra o servidor". Son programas que teñen a particularidade de non precisar instalación. Con elas non temos máis que abrir unha ventana do explorador de internet.

 MEDIA-CONVERT é compatible cun centenar de formatos (video, imaxes, ofimática, tonos de móbil. So hai que escoller o enderezo do arquivo (se está na internet) ou a localización no noso ordenador. A páxina detecta autoaticamente o formato. Selecciona a configuración da conversión e descargar o resultado. 

 

PDF ON-LINE permite a xeneración de arquivos en formato PDF. Indica o formato do arquivo de orixe (DOC, PPT, XLS, RTF, PPS, HTML, TXT, JPG, GIF o TIFF), indiica o nome do arquivo final e pon un enderezo de e-mail válida para recibir o PDF. 

 

Con YOUCONVERTIT podes convertir case calquera formato de arquivo (documento, son, imaxe ou video). Esta aplicación ten o detalle de non esquecer formatos antigos para os que non é doado atopar programas que os lean, e a lista de formato non deixa de medrar. 

 CONVERTWORLD non é outro programa destinado a convertir arquivos, senón unha páxina imprescindible nos teus favoritos; permite convertir calquera tipo de cifra: divisas, masas, lonxitudes, tallas de calzado e roupa, sistema hexadecimal, etc. Mesmo cotizacións actualizadas das moedas.

 

Moitas son totalmente de balde, outras teñen funcións de pago. O prezo que temos que pagar por estes servizos gratuitos é a aparición de publicidade nas páxinas. Penso que paga a pena soportalo. 



blog | by Dr. Radut