|
IES A SARDIÑEIRA Avenida da Sardiñeira, 41-42. 15008 A Coruña; Teléfono: 881 960 150 e-mail: ies.sardineira@edu.xunta.gal |
Ciclo Superior de Laboratorio de Análise e de Control de Calidade
ACCESO: Para acceder hai que ter o Bacharelato
Sen título de Bacharelato pero con 19 anos, pódese acceder mediante PROBAS DE ACCESO
Para aqueles que acrediten estar en posesión do título de técnico e desexen acceder aun ciclo formativo de grao superior da mesma familia profesional ou dunha familia afín que regulamentariamente se determine, o requisito de idade para a realización da proba rebaixarase a 18 anos ou cumprilos no ano da realización da proba.
PROBAS DE ACCESO:
Constan de dúas probas:
- Parte xeral:Debe acreditar madurez fundamentalmente en contidos procedementais de:
- Lingua e literatura galega, lingua e literatura castelá e lingua estranxeira. (50% nota)
- Matemáticas (50% nota).
- Parte específica:
- Química.
- Física.
- Bioloxía
Hai que obter nota ≥5 nas dúas probas.
TITULACIÓN RECIBIDA: Técnico Superior de Laboratorio de Análise e de Control de Calidade
ACCESO A: O Título dá acceso aos seguintes estudios: Diplomado en enfermaría; Diplomado en fisioterapia; Diplomado en logopedia; Diplomado en podoloxía; Diplomado en terapia ocupacional; Enxeñeiro técnico aeronáutico (todas as especialidades); Enxeñeiro técnico agrícola (todas as especialidades); Enxeñeiro técnico forestal (todas as especialidades); Enxeñeiro técnico industrial (todas as especialidades); Enxeñeiro técnico de minas (todas as especialidades).
COMPETENCIA: O Título dá competencia para organizar e coordinar as actividades de laboratorio e o plan de mostraxe, realizando todo tipo de ensaios e análises sobre materias e produtos en proceso e acabados, orientados á investigación e ao control de calidade, así como interpretar os resultados obtidos, actuando baixo normas de boas prácticas no laboratorio.
POSTOS DE TRABALLO: Co Título pódese traballar como analista de materias primas e productos acabados, analista de laboratorio, analista de control de calidade, analista de investigación e desenvolvemento.
FORMACIÓN:
Duración: 2000 horas.
Ensinanzas:
Módulos
|
Horas
|
|
anuais
|
semanais
|
|
Primeiro ano
|
||
Mostraxe e preparación da mostra
|
213
|
8
|
Análises químicas
|
320
|
12
|
Ensaios fisicoquímicos |
160
|
6
|
Ensaios microbiolóxicos |
160
|
6
|
Formación e orientación laboral
|
107
|
4
|
Segundo ano
|
||
Calidade e seguridade no laboratorio |
123
|
7
|
Análise Instrumental |
226
|
13
|
Empresa e iniciativa emprendedora |
53
|
3
|
Ensaios físicos |
123
|
7
|
Ensaios biotecnolóxicos |
105
|
6
|
Proxecto de laboratorio de análise e de control de calidade |
26
|
|
Formación en centro de traballo
|
384 (de abril a xuño)
|
Máis información sobre o curriculum vixente: aquí.
Para ver a versión en inglés, pulsa.