Traballo de instalación de nova beirarrúa

O alumnado de 1º FPB non para de aprender. Aquí os vemos animados a acondicionar este paso frecuente de persoas e ferramenta. Noraboa polo voso traballo!

Visita de Eva Mejuto

 

 

A escritora Eva Mejuto visitou o noso centro para falar co noso alumnado sobre dous dos seus libros: "Neko" e "22 segundos". As dúas horas que estivo aquí quedaron curtas para satisfacer a curiosidade dos rapaces e rapazas que gozaron lendo as súas obras.

Rematada a entrevista, Eva concedeulles unha entrevista a tres voluntarios da Radio Escolar. Poderedes escoitar a entrevista na revista de fin de curso.

Traballos navideños de floristería

 

 

O noso alumnado de 2º FPB traballou arreo na elaboración de varias decoracións e adornos navideños que logo usaron para montar unha exposición. Quedaron e quedamos satisfeitos por todo o aprendido, que seguro será de proveito nun futuro próximo. 

Concreción Curricular 2023-24

 

Exposición Juana de Vega

Expo Juana de Vega, novembro 2023   

A fundación Juana de Vega trouxo a Mondoñedo a exposición conmemorativa “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872) Facer no século”.

Despois de pasar polo Auditorio Pascual Veiga, o noso centro tivo a sorte de poder desfrutala nos corredores da planta baixa. O concello de Mondoñedo facilitou todos os trámites e encargouse de montala no noso edificio para que toda a comunidade educativa tivese acceso a ela.

Moitas grazas!

Prácticas de procesadora

O noso alumnado de 2º curso de Ciclo Medio Dual de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural desprazouse a Vilapedre a realizar unha pequena práctica cunha procesadora real, aplicando así todo o aprendido no simulador.

Saídas deportivas en novembro

No mes de novembro, alumnado de 3º e 4º de ESO competiu en Viveiro nunha carreira onde puideron poñer a proba as súas capacidades de orientación.

 

Pola súa parte, alumnado de 2º ESO visitou Lourenzá no marco dunha xornada de Xogade centrada na convivencia e práctica deportiva non competitiva nas instalacións de Santa Cruz.

Concurso V Ciberliga Pre-Amateur

O noso equipo finalista da V Ciberliga de Ciberseguridade, modalidade Pre-Amateur xa está competindo en Aranjuez.

Moita sorte! E sobre todo gozade da experiencia!

Editado: Noraboa por ese 12º posto final, un gran mérito logo de competir desde o inicio con máis de 600 equipos!

Distribuir contido