Día do Ensino 2024-25
Enviado por Admin o Mar, 29/10/2024 - 06:54
Prezadas familias.
Lembramos que o vindeiro xoves 31 de OUTUBRO, tal e como se recolle na orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024-2025, é o DÍA DO ENSINO e, polo tanto, é un día de carácter non lectivo.
Prazos Eleccións Consello Escolar
Enviado por jcarlosgb o Lun, 28/10/2024 - 13:12A Xunta Electoral para as eleccións ao Consello Escolar informa dos prazos seguintes:
Presentación de candidaturas: do 28 de outubro ao 4 de novembro ás 14:00h.
Votación: 18 de novembro
Máis información no taboleiro de anuncios do centro.
Cafetería do centro
Enviado por jcarlosgb o Ven, 25/10/2024 - 09:21Infórmase da apertura do prazo de solicitude da concesión da cafetería do centro ata o vindeiro 12 de novembro ás 14:00h.
Toda a información do procedemento aquí (ver apartado "Documentos"). O noso centro é o lote 6.
As persoas interesadas poderán pasar polo centro para comprobar as instalacións da cafetería.
Renovación do Consello Escolar
Enviado por jcarlosgb o Dom, 20/10/2024 - 18:00
De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (DOG do 18 de setembro), realizarase proximamente neste centro a décimo cuarta (14ª) renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do centro.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e estará integrada por:
- O director do centro.
- Un profesor ou profesora.
- Un pai/nai/titor/a legal.
- Un alumno ou alumna.
- Un representante do persoal de administración e servizos.
Os catro últimos membros serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o próximo 22 de outubro, ás 12:00 horas na secretaría do centro.
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.
Certificados DELF
Enviado por jcarlosgb o Lun, 07/10/2024 - 18:00Hoxe recibimos os diplomas das alumnas certificadas en francés o curso pasado. Noraboa!
PRESENTACIÓN E INICIO DO CURSO 2024-25
Enviado por Admin o Mar, 10/09/2024 - 12:00
A presentación e o inicio de curso terá lugar o día 11 de setembro ás 9:30.
- 1º ESO na Aula de Proxeccións do IES Plurilingüe San Rosendo.
- 2º, 3º, 4º da ESO e Bacharelato no Salón de Actos do IES Plurilingüe San Rosendo.
- FP Básica ás 9:30 nas instalacións da Granxa.
- Ciclos Formativos de FP ás 12:00 nas instalacións da Granxa.