Carmén Pavón Souto Premio Extraordinario de Bacharelato !!!!!!
Enviado por Admin o Xov, 04/10/2018 - 08:17A alumna do IES San Rosendo Carmen Pavón Souto obtivo un dos Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2017-18
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20181004_premios_bach.pdf
@s alumn@s do IES San Rosendo obtiveron a mellor nota media na ABAU de todos os institutos de Galicia
Enviado por Admin o Sáb, 21/07/2018 - 14:36
Carmen Pavón, alumna de 2º de Bacharelato, obtivo un 13,64 na ABAU e está entre as notas máis altas de Galicia
Enviado por Admin o Dom, 08/07/2018 - 12:22
O Proxecto Rebinxe dos alumnos de 1º de Bacharelato do IES San Rosendo gañador absoluto do Galiciencia 2018
Enviado por Admin o Mar, 15/05/2018 - 10:02
Un equipo de oito estudantes do IES San Rosendo de Mondoñedo, cun proxecto de ciencia cidadá para a recuperación da biodiversidade no rural, foi o gañador absoluto da edición de 2018 de Galiciencia, a maior feira científica escolar de Galicia. A iniciativa, bautizada co nome de “Rebinxe“, foi a mellor valorada polos 40 membros do xurado entre as 50 propostas finalistas. Como premio, os estudantes de Mondoñedo, representados na feira que tivo lugar na Tecnópole de San Cibrao por Lidia Barreira e María Bouso, recibirán 1.000 euros para financiar a súa participación na Exporecerca 2019 a feira científica de carácter estatal máis prestixiosa.
Alumnos dos IES San Rosendo gañan un premio á orixinalidade no concurso de robots da Universidade de Vigo
Enviado por Admin o Dom, 06/05/2018 - 16:48
Na cuarta edición da Competición de Robots da Escola de Inxeniería Industrial da Universidade de Vigo o equipo ‘Amolou 4’ do IES San Rosendo obtivo o premio á orixinalidade na categoría Wall-E para estudantes de secundaria.
Os rapaces disfrazaron ao robot de tortuga e gañamos por la estética", contou Carmen Doural, profesora de tecnoloxía.
O IES San Rosendo entre os dez mellores de Galicia polos seus resultados na selectividade (ABAU) según La Voz de Galicia
Enviado por Admin o Xov, 06/07/2017 - 12:39Sara Muiña, entre as mellores da selectividade.
Enviado por Admin o Ven, 23/06/2017 - 07:55
Sara Muiña (IES San Rosendo de Mondoñedo) en La Voz de Galicia (A Mariña):
«Sintes presión, sempre cres que hai algo que non sabes»
«Foi un ano duro», recoñece Sara Muiña. Pero finalmente cumpliu o seu obxectivo, e a nota final de 12,7 -sacou un 8,35 na ABAU e un 9,95 no bacharelato- permitirálle facer Medicina en Santiago. Os seus resultados serían aún máis espectaculares de non terse «bloqueado» en matemáticas, donde se quedóu no 5. Con todo, móstrase contenta: «Foi un ano de moita presión, porque sempre tes a sensación de que hai algo que non sabes». Ademáis, explica, no pasado curso estivo cunha beca da fundación Amancio Ortega nos Estados Unidos e costoulle recuperar o ritmo a súa volta.
Éxito nas competicións de robóts!
Enviado por Admin o Mér, 03/05/2017 - 08:00
O equipo de 1º de BAC do IES San Rosendo formado por formado por Iria Rivas Prieto, Xana Rodríguez García, Joel Outeiro Pérez, David Gómez García, Carmen Pavón Souto, e dirixido pola profesora María Carmen Doural Rega gañou o terceiro premio no 9º Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica organizado por IGACIENCIA e a Fundación Barrié.
http://www.fundacionbarrie.org/ganadores-ixconcurso-gallego-robotica
Por outra banda, na III Competición de Robots organizada pola Escola de Inxeniería Industrial da Universidade de Vigo, os representantes do IES San Rosendo en 3º/4º da ESO obtiveron o premio á orixinalidade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- seguinte ›
- última »