Skip to Content

Día do Amor. Propostas da Biblioteca

Na segunte presentación podedes acceder a recursos recopilados polo Equipo da Biblioteca para o DÍA DO AMOR:

- Escolma poética.

- Cartas de Emilia a Benito.

- Curtas animadas.

- Curtas de amores diversos.

- Poetas (e) youtubers.

- Libros sobre amores e desamores: divulgación, novelas, álbumes ilustrados, banda deseñada. (ollo que hai premio!)

O NOME E DESEÑO VISUAL DO LABORATORIO DE BIOLOXÍA, A CONCURSO!

Con motivo do Día Internaciondal da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora o 11 de febreiro, o noso Departamento de Bioloxía e Xeoloxía lanza un reto: propoñer un nome e o deseño dunha imaxe para a súa aula laboratorio. Estas son as bases, abertas a toooodo o alumnado do IES:

  • Propón unha científica para dedicarlle a aula e argumenta o por qué.
  • Crea un deseño relacionado para decorar a porta do laboratorio. O formato é libre! Pero debe entenderse a quen se honra.
  • Envía a túa proposta, antes do 28 de febreiro (último día) ao enderezo electrónico bioxeosanpaio@gmail.com

A proposta gañadora plasmarase nun vinilo que será colocado por fóra na porta do laboratorio, decorando así a aula,  visibilizándoa e facéndoa única e esperamos que espectacular. Ademais, recibirá tamén como agasallo uns modernísimos auriculares inalámbricos.

Queda inaugurado pois o concurso! Sede creativos, esixentes e persoais... e sorte a todas/os!

 

CHARLAS COA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA 2º BACHARELATO

Durante as semanas de xaneiro e febreiro, o noso alumnado de 2º Bacharelato, está asistindo, en modalidade presencial ou a través de videoconferencia, a diferentes charlas de orientación organizadas en colaboración coa Universidade de Vigo. Así:

  • sobre as ABAU e a oferta formativa da UVigo (para todos)
  • sobre patrimonio cultural e turismo (para Ciencias Sociais e Humanidades)
  • sobre a restauración de espazos de explotación mineira (para Xeoloxía)
  • ou sobre o marketing 4.0 e a mercadotecnia na era dixital (para Economía)

Agardamos seguir achegando estas e outras posibilidades de orientación formativa nos meses vindeiros.

 

EMPEZAMOS AS SEMANAS DE FROITA FRESCA PARA O ALUMNADO

O vindeiro luns 18 comezamos coa primeira Semana de Froita Fresca, que manteremos ata o venres 29 de xaneiro. Así, cada día, poñeremos a disposición do alumnado, na mesa de Conserxería do centro, mandarinas, mazás e plátanos. Como cada ano, é unha iniciativa posible grazas á axuda do Fondo Galego de Garantía Agraria da Xunta.

 

 

 

REPARTIMOS AS MÁSCARAS DA CONSELLERÍA AO ALUMNADO BENEFICIARIO

Esta mañá foron entregadas aos titores/as para que na vindeira sesión co seu alumnado poidan xa facer o reparto ao alumnado beneficario. Son tres máscaras hixiénicas reutilizables (ata 70 lavados a 60º), antibacterianas (máis dun 90% de filtración bacteriana) e hidrófugas. Cada alumno/a recibirá tres máscaras en cores diferentes para facilitar así un uso diferenciado. Non deben empregarse durante máis de catro horas. Como todas as máscaras, ao final da súa vida útil, debemos desbotalas nunha bolsa plástica.

RESERVA DE PRAZA PARA NOVO ALUMNADO, DE CENTROS ADSCRITOS, PARA O CURSO 2021-22

Aberto o prazo para efectuar a reserva de praza para o novo alumnado que, procedente de centros adscritos, desexe matricularse neste centro para o vindeiro curso 2021-22.

Toda a información, AQUÍ.

MARTES 22 DECEMBRO: AXENDA

Achégase o Nadal! Este martes 22 é o último día de clase do ano. Tradicionalmente viñamos organizando unhas horas de xogos colectivos no pavillón ou no recinto exterior do edificio, pero este curso debido ao necesario distanciamento, o plan será un pouco diferente. Así, o horario consistirá, tanto para ESO como para BAC en:

  • 1ª e 2ª hora: clases habituais.
  • 3ª e 4ª hora: reunión co titor/a para unha sesión de xogos tradicionais (e seguros) en grupo e a continuación, sobre as 12 h, entrega dos boletíns.
  • 12.20 h: Saída (o transporte está citado para as 12.25 h).

Aproveitamos a ocasión para desexarvos unhas felices festas e o mellor 2021 posible.

 

Exposición na Biblioteca do Grupo Nós:

Martes, 15 de decembro: desde a nosa biblioteca participamos na segunda e última visita didáctica virtual á exposición Galicia, de Nós a nós. Pechamos así as actividades programadas para celebrarmos o centenario da publicación da revista Nós que se viron complementadas coa nosa particular exposición de materiais Nós na Bibliosanpaio.

na Bibliosanpaio de amapeot

CHARLA E COLABORACIÓN COA PROTECTORA DE ANIMAIS DE TUI "ALOIA"

Cada Nadal séguense usando mascotas como agasallo. Unha de cada tres acaban sendo abandoadas semanas despois. Este venres 18, o noso alumnado de 4ºESO será destinatario dunha charla (tantas como grupos) de concienciación e defensa dos dereitos dos animais con Sandra , exalumna e voluntaria desde hai anos da Protectora de Animais de Tui Aloia, que vén facendo un traballo espectacular neste ámbito.

Acompañamos estas charlas con 3 oportunidades de colaboración:

  1. Recollida solidaria de alimentos para os cans da protectora. Só ata martes 22. Admítense patés, latas, salchichas e aros, que poderanse depositar na caixa habilitada na entrada, ao lado de Conserxería, só ata martes 22.
  2. Mercado solidario. Estará só este vernes 18 nos intermedios das charlas: en 4º A (1º recreo) e 4º C (2º recreo): calendarios, chaveiros, pulseiras, camisetas... os cartos recadados destínanse integramente para financiar os gastos necesarios para o coidado dos animais refuxiados na protectora.
  3. Panel de animais acollidos. Hai máis de sesenta cans agardando en Aloia por unha familia que os queira e os coide, e tedes os seus retratos na entrada do IES. Con foto, nome, idade e esas virtudes que fan único a cada un deles. Que non podedes adoptar? Sempre se pode amadriñar, pasear ou pasar pola protectora a dar uns aloumiños ou botar unha man.

Como escribiu Lord Byron para a tumba do seu can: “tiña todas as virtudes humanas e ningún dos seus defectos”. 

Distribuir contido


by Dr. Radut