Skip to Content

CHARLA E COLABORACIÓN COA PROTECTORA DE ANIMAIS DE TUI "ALOIA"

Cada Nadal séguense usando mascotas como agasallo. Unha de cada tres acaban sendo abandoadas semanas despois. Este venres 18, o noso alumnado de 4ºESO será destinatario dunha charla (tantas como grupos) de concienciación e defensa dos dereitos dos animais con Sandra , exalumna e voluntaria desde hai anos da Protectora de Animais de Tui Aloia, que vén facendo un traballo espectacular neste ámbito.

Acompañamos estas charlas con 3 oportunidades de colaboración:

  1. Recollida solidaria de alimentos para os cans da protectora. Só ata martes 22. Admítense patés, latas, salchichas e aros, que poderanse depositar na caixa habilitada na entrada, ao lado de Conserxería, só ata martes 22.
  2. Mercado solidario. Estará só este vernes 18 nos intermedios das charlas: en 4º A (1º recreo) e 4º C (2º recreo): calendarios, chaveiros, pulseiras, camisetas... os cartos recadados destínanse integramente para financiar os gastos necesarios para o coidado dos animais refuxiados na protectora.
  3. Panel de animais acollidos. Hai máis de sesenta cans agardando en Aloia por unha familia que os queira e os coide, e tedes os seus retratos na entrada do IES. Con foto, nome, idade e esas virtudes que fan único a cada un deles. Que non podedes adoptar? Sempre se pode amadriñar, pasear ou pasar pola protectora a dar uns aloumiños ou botar unha man.

Como escribiu Lord Byron para a tumba do seu can: “tiña todas as virtudes humanas e ningún dos seus defectos”. 



page | by Dr. Radut