Outubro 2012
O morador da fenda Roberto A. Rodrígues |
|
...Un vilego comezou a berrar, era un grito sen verbas, un son esgarrado froito da carraxe. Aquel sentimento propagouse e logo foi a grea ao completo quen berraba esixindo sangue, o estrondo alzouse impoñente conquistando o aire e reverberou nas paredes da pequena praza, amplificándose e espantando ás aves que se pousaran nos tellados próximos. Algúns vilegos abalanzáronse a un mesmo tempo contra o guerreiro e, amparados na miserábel maioría, atacárono dende todas as direccións. |
|
O morador da fenda é a primeira entrega dunha triloxía de fantasía épica do autor vigués Roberto A. Rodrígues. Se che gusta Tolkien esta é a túa lectura. Nela a presenza do sobrenatural, os seres malignos, os mapas de terras descoñecidas, os obxectos máxicos e/ou simbólicos e os guerreiros heroicos configuran un escenario épico no que as forzas do ben e do mal libran a súa batalla. |
|