Skip to Content

De amoribus (VII) MARUJA MALLO

MARUJA MALLO

GÓMEZ GONZÁLEZ-MALLO, ANA MARÍA (1902 - 1995)
Toda a historia dos «ismos» cabe na vida e na pintura desta galega inxenua e xenial inclasificable, que foi amiga e admirada de Ortega e Gasset, Ramón Gómez da Serna, Picasso e André Breton. Reside en Madrid desde moi nova. Alí realiza estudos na Escola de San Fernando, sendo a única muller que pasou as probas esixidas ese ano. A súa amizade con Salvador Dalí levouna a coñecer a Federico García Lorca e propicioulle o bautizo simbólico co que entrou en “A Confraría da Perdiz”, nome humorístico do grupo integrado por Luís Buñuel.

marujamalloEn 1928, José Ortega e Gasset abriulle as portas dos salóns da Revista de Occidente para que expuxera, sendo a primeira vez que o facía unha muller. Neste tempo viviu unha relación sentimental con Rafael Alberti na que ambos se retroalimentaban artisticamente. A serie (surrealista) Cloacas e campanarios, de Mallo, e o poemario Sobre los ángeles, de Alberti, dan conta diso. Esta relación iniciouse en 1925 e foi cortada en 1931.

Na madrileña "casa das flores", onde Neruda vivía, foi onde Miguel Hernández e ela se coñeceron e iniciaron a súa relación. O sentimento de M. Hernández cara a Mallo parece estar presente en poemas de El rayo que no cesa.

Cando estalou a guerra a pintora estaba en Galicia cumprindo co seu compromiso socio-político de apoio ás misións. Arrepiada e medorenta polo que vía pasou a Portugal. Gabriela Mistral, embaixadora de Chile en Lisboa, tendeulle a man, facilitándolle posteriormente o voo ao continente americano. En Buenos Aires, onde foi acollida como a gran creadora que era, viviu –desprazándose desde alí a distintos puntos do continente americano– desde 1937 ata 1961, ano en que por primeira vez, tralo exilio, pisou terra española.


https://www.afundacion.org/es/coleccion/autor/gomez_gonzalez-mallo_ana_maria
https://www.studocu.com/es/document/universidad-carlos-iii-de-madrid/historia-de-espana/ejercicios-obligatorios/entrevista-maruja-mallo-definitiva-con-fuentes-bien/3287366/view
http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-maruja-mallo/966721/

Data: 
Sáb, 11/02/2023 - 23:00


page | by Dr. Radut