Grupos políticos de diversa filiación ideolóxica (feministas, ecoloxistas, anarquistas, comunistas...) que son críticos coa globalización económica e política. Protestan contra o dominio exercido polas multinacionais e o capitalismo neoliberal sobre o mercado e sobre a toma das decisións políticas, defendendo, pola contra, unha economía máis localizada e centrada nas necesidades das comunidades, promovendo a xustiza social e ambiental e criticando o papel de axentes globalizadores de institucións como o FMI e a OMC. As súas manifestacións e protestas a nivel mundial coinciden sempre con reunións do FMI, OMC, G8.