Valido

Figura dotada de amplos poderes políticos polo monarca, que delega os asuntos de goberno na mesma. Tamén denominados “favoritos”, os validos máis relevantes da Monarquía Hispánica foron o Duque de Lerma, o Conde Duque de Olivares e Valenzuela, favoritos de Felipe III, Felipe IV e Carlos II respetivamente. Como se observa, é durante os reinados dos “Austrias Menores”, reis pouco capacitados e interesados na xestión da Monarquía, cando se opta por esta figura política

» VOCABULARIO XERAL DA MATERIA