Nacional-catolicismo

O triunfo de Franco na Guerra Civil supuxo a implantación dunha ditadura militar e personalista que foi apoiada por diversos grupos sociais e forzas políticas que configuraron o que se denominouu o réxime franquista. Carlistas, falanxistas, tradicionalistas, monárquicos, militares, a igrexa foron base fundamental do réxime que cimentou Franco. A defensa da unidade inquebrantable da nación española e a negación e persecución dos nacionalismos periféricos foi un dos eixes da súa política, o outro foi a implantación dun Estado confesional católico, nunha liña tradicionalista, como reacción ao laicismo republicano que consagra a igrexa como un dos piares básicos do réxime toda vez que esta institución contemplou a guerra como unha cruzada contra o ateismo comunista.  

» VOCABULARIO XERAL DA MATERIA