VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Xa está aberto o prazo para participar no VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA organizado polo departamento de Matemáticas do IES Salvaterra de Miño.

Pulsando aquí podes acceder ás bases do concurso. Nelas especifícase a forma de participar e os premios que se entregarán.

Deixámosvos o cartaz coa presentación do concurso no que aparece a fotografía gañadora do concurso do ano 2019 - 2020.