O Departamento de Bioloxía ofrece ao alumnado de 4º ESO e 1º Bach de Bioloxía e Xeoloxía a seguinte actividade:
• Xornadas sobre as Especies Exóticas Invasoras Acuáticas, os día 25,26 e 27 de xuño na vila de Benavente preto da cidade de Lisboa. Os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención están cubertos para os participantes.
• Algunhas das actividades previstas son: conferencias e actividades educativas sobre as especies exóticas invasoras, visitas a espazos concretos para coñecer de primeira man este problema, ademais de actividades culturais e de tempo libre.
• O alumnado estará acompañado por profesorado do centro pero as actividades estarán organizadas por monitores específicos.
• En relación aos protocolos Covid teranse en conta as medidas necesarias para asegurar a saúde dos participantes. Será necesario realizar un test rápido, nas 24 horas antes do comezo da actividade.
A actividade inclúese no proxecto LIFE INVASAQUA, da Comunidade Económica Europea, para dar a coñecer o problema das Especies Exóticas Invasoras (EEI) acuáticas en España e Portugal. As xornadas están organizado pola ASPEA, asociación Portuguesa de Educación Ambiental.
Aquí podedes ver o vídeo co resumo do noso traballo que foi presentado nas Xornadas:
https://youtu.be/FNVN15F8OCM
Este outro mostra un resumo das Xornadas:
https://youtu.be/w1YABJ9J6I4