Skip to Content

ABAU

Información sobre as probas de acceso á Universidade

INSTRUCCIÓNS ABAU 2024

MATRÍCULA ABAU 2024.

 

1. NORMATIVA E INSTRUCIÓNS.

 

2. PRAZO E PROCEDEMENTO.

2.1. Prazos:

 

  • Convocatoria ordinaria: 16 e 20 de maio.

  • Convocatoria extraordinaria: 13 ao 17 de xuño.

 

Poderánse matricular nestes prazos todo o alumnado que teña superado o bachaerelato na convocatoria correspondente e non estea pendente da resolución dunha reclamación ás cualificacións finais de 2º de bacharelato, para os que haberá outro prazo: Instrucións CIUG punto 3.

 

2.2. Procedemento: É importante seguir esta secuencia.

1º paso:

 

  • Pagamento da solicitude do Título de bacharelato en entidade bancaria colaboradora. Prezo: 54 euros.Páxina da Axencia Tributaria de Galicia OV TRibutaria (Cidadáns). IR A: Pago taxas e prezos-Iniciar taxa-aberto-Iniciar taxa. Aí cubrir os datos que se indican no pantallazo.

    - Pago das taxas na axencia tributaria

          - Folla de liquidación das taxas na entidade bancaria

  • Presentación da solicitude do Título na Secretaria do Centro con copia do resgardo de ter afectuado o abono do Título de Bacharelato ou fotocopia do Título de xa telo, por presentarse de novo ás ABAU.

Liquidación:

 

Tarifa ordinaria 54,00 €

 

Familia numerosa de categoría xeral 27,03 €

 

Familia numerosa de de categoría especial 0 €

 

2º paso: Prematrícula ABAU. Documentación: É CONVENIENTE TRAER A DOCUMENTACIÓN COMPLETA E AS FOTOCOPIAS FEITAS PARA COMPLETAR O PROCESO.

 

  • Fotocopia DNI

  • No caso de EXENCIÓNS – punto quinto circular CIUG- copia da documentación que acredite a exención.

    Liquidación:

  • Tarifa ordinaria 63,67 €

  • Familia numerosa de categoría xeral 31,84 €

  • Familia numerosa de categoría especial, persoal das Universidades do SUG, persoas con discapacidade (33%), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero e beneficiarios do ingreso mínimo vital: Gratuíta

    NOTA: O alumnado que alegue ser membro de Familia Numerosa deberá aportar a fotocopia do Título de Familia Numerosa.

    A gratuidade aplicable ao persoal das Universidades do SUG deberá acreditarse mediante certificación dos respectivos Servicios de Persoal acompañada da fotocopia das páxinas do libro de familia onde figure o titular e o alumno ou alumna.

    A obtención de matrícula de honra en 2º de Bacharelato, aplícase á matrícula do 1º curso na Universidade, non ás ABAU.

     

3º paso: Prematrícula

 

  • A documentación xérase coa PRESENCIA DO ALUMNO/A na secretaría do centro: Impreso ofical de matrícula (datos persoais, académicaos e de matrícula ABAU). AVISO: É CONVENIENTE TER PENSADO AS MATERIAS ÁS QUE SE DESEXA PRESENTAR NA FASE VOLUNTARIA.

 

  • A prematrícula xera unha conta de usuario en Nerta e o estudante recibe os datos de acceso no seu correo electrónico. Cos datos, e despois de activar a conta, o alumnado pode acceder a Nerta e realizar o pagamento das taxas de forma telemática, cunha tarxeta de crédito. O pagamento queda recollido automáticamente en Nerta, non se necesita xustificante ao formalizar a matrícula presencialmente no centro.

  • Para o caso de realizar o pagamento da matrícula ABAU en ABANCA, imprimirase follla de liquidación na conta usuario de Nerta e, realizado o pagamento, traerase unha copia deste á secretaría do centro. Coa realización do pagamento queda rematado o proceso de matrícula. Instrucións pagamento taxas ABBAU

 

ACLARACIÓNS E DÚBIDAS.

 

1. Aclaración por parte do centro:

 

  • A Instrución 10/2023 sinala como datas de revisón no centro ás cualificacións outorgadas en 2º de Bacharelato, os días 20 e 21 de maio.

  • A CIUG establece como datas de matrícula, na convocatoria ordinaria, os días 16 e 20 de maio.

  • A mesma discordancia volve producirse na convocatoria extraordinaria.

 

2. O día 16 de maio é non lectivo no centro, como podo matricularme?

 

A) O ALUMNADO QUE NON VAIA A PRESENTAR NINGUNHA RECLAMACIÓN, MATRICULARASE O 16 E 20 DE MAIO (NOTA IMPORTANTE: O 16 de maio, A PESAR DE SER UN DÍA non lectivo , asecretaría do centro PERMANECERÁ aberta).

 

B) O período de reclamacións ás cualificacións ordinarias de 2º de bacharelato SERÁ os días 20 e 21 de maio. Resoltas estas ABRIRASE un novo prazo de matrícula para O ALUMNADO CUxAS RECLAMACIÓNS FORON ATENDIDAS.

 

C) LÉMBRASE AO ALUMNADO QUE ANTES DE VIR A MATRICULARSE É IMPRESCINDIBLE QUE TEÑAN ABOADO AS TAXAS DE SOLICITUDE DO TÍTULO DE BACHALERATO.

 

D) DADA A BREVIDADE DO PRAZO DE MATRÍCULA, RECOMÉNDASE AO ALUMNADO FACER LOS TRÁMITES O 16 DE MAIO PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS OU PROBLEMAS DE ÚLTIMA HORA O 20 DE MAIO.

 

3. Alumnado NEAE.

 

- A CIUG foi notificada do alumnado presentado polo centro.

 

- As autorizacións foron recibidas e o alumnado notificado.

 

- O alumnado NEAE será informado da facultade na que se realizan as probas que, xeralmente non é a mesma onde está convocado o resto do centro. Serán notificados directamente do lugar de convocatoria.

 

4. Realización das probas.

 

- Facultad asignada: Comisión Delegada 08 Informática, no campus de Elviña.

 

5. Cales son as datas, horario, condicións e material para realización das probas?

 

- O alumnado será informado na reunión que terá lugar o día 15 de maio.

 

- Información tamén indicada na circular da CIUG. https://ciug.gal/PDF/ABAU2024/convocatoria_abau.pdf

 

https://ciug.gal/PDF/ABAU2024/horario_2024.pdf

 

 

A Coruña, 28 de abril de 2024.

 

A dirección

 

 

Sede ABAU convocatoria extraordinaria

Distribuir contido


by Dr. Radut