IV ENCONTRO DE COROS ESCOLARES
Este mércores, 15 de febreiro no Conservatorio Profesional de Música de A Coruña co patrocinio de Asomúsica, e organizado polo IES Afonso X O Sabio de Cambre, varios institutos da Comunidade fixeron un concerto-convivencia para amosar as súas competencias artísticas e desfrutar de facer música todos xuntos. Participaron o IES Afonso X O Sabio de Cambre, O IES María Casares de Oleiros, O IES Arcebispo Xelmirez I de Santiago, O IES de Transancos de Narón, O IES de Ortigueira e O IES Salvador de Madariaga de A Coruña. A experiencia encima do escenario e como espectador foi moi fructífera e positiva, ademáis do fermoso resultado.