Skip to Content

Ciencia na rúa

O sábado 6, no Parque de Santa Margarita, celebrouse o XXII Día de Ciencia na Rúa.

O IES Salvador de Madariaga participou coa implicación de alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO, e cos Departamentos de Tecnoloxía, Bioloxía-Xeoloxía e Física-Química.

Os rapaces amosaron ao numeroso público o resultado do seu traballo nas aulas e laboratorios: sementes voadoras, automóbiles fabricados en Galicia, experimentos con reactivos, vermes de seda, inventos posibles e imposibles...

En definitiva, fixeron do estudo unha auténtica festa.

Logo do excelente resultado da actividade, os nosos pediron máis e xa están a pensar na vindeira edición.

Bo traballo, rapaces!



story | by Dr. Radut