Skip to Content

Exposición "O Principiño arredor de mundo. A colección de Carlos Casares"

O IES Salvador de Madariaga acolle dende o 31 de marzo ata o 7 de abril a exposición "O Principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares".

Esta mostra didáctica ven cedida pola Fundación Carlos Casares de Vigo. Está formada por libros e obxectos do autor ourensán, quen, pola súa afección á obra de Saint-Exupèry, achegou máis de cen edicións do libro en máis de sesenta idiomas e dialectos do mundo.

A exposición inscríbese no ámbito da celebración do Día das Letras Galegas, este ano adicado a Carlos Casares, e esta será a única posibilidade de vela na cidade da Coruña.

O propio Casares realizou a traducción da obra de Saint-Exupèry ao galego nos anos 70.

A exposición pódese visitar na planta baixa do Instituto.



story | by Dr. Radut