Exposición "A Célula"
Na entrada do instituto puidéronse ver os modelos de diferentes tipos de celulas construídos polo alumnado de 1º de ESO. Fixeron un gran traballo e obtiveron un magnífico resultado que mereceu a felicitación dos seus compañeiros e compañeiras doutros cursos e do profesorado.
Traballando de xeito colaborativo e empregando diversos materiais, incluíndo elementos reciclados, realizaron modelos precisos e visualmente moi atractivos dos diferentes tipos de celulas, vexetais e animais. Grazas a este proxecto foron capaces de entender e explicar a anatomía celular dunha maneira máis amena, nalgún caso incluso mediante un rap especialmente composto para a ocasión.