Constituida a Xunta Electoral o día 24 de outubro ás 11:00h, e segundo a normativa, esta procede a:
1. Aprobar e publicar os censos electorais (dispoñibles na Secretaría do centro para consulta). Prazo límite para presentación de reclamacións: 14 de novembro (ata as 14:00 horas), mediante escrito dirixido á Xunta Electoral.
2. Concretar o calendario electoral:
18 de outubro
|
Sorteo público para a constitución da Xunta Electoral
|
24 de outubro
|
Constitución da Xunta Electoral. 1ª reunión Xunta
|
30 de outubro
|
Aprobación dos censos electorais dos distintos sectores
|
31 de outubro ao 6 de novembro
|
Publicación dos censos electorais e período de reclamacións aos censos.
|
Do 1 ao 8 de novembro
|
Admisión de candidaturas
|
11 de novembro
|
Proclamación das candidaturas presentadas. Segunda reunión da Xunta electoral. Resolución de reclamacións se as houbera. Sorteo dos membros das mesas. Confección de papeletas.
|
14 de novembro
|
Reclamación á proclamación de candidatos
|
19 de novembro
|
Votacións para todos os sectores
|
25 de novembro
|
Reunión da Xunta Electoral para proclamar e publicar a listaxe de candidatos electos dos diversos sectores. Convocatoria para a constitución do novo CE.
|
5 de decembro
|
Constitución do novo CE
|
Referencias legais:
Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
Circular nº 1/98, do 2 de setembro, da D.X. e Inspección Educativa pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución dos órganos de goberno dos centros públicos.
Circular nº 18/00 pola que se completa a circular nº 1/98 pola que se aclaran posibles dúbidas en relación co proceso de elección, composición e constitución do órganos de goberno dos centros públicos.
Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario
Decreto 324/1996 do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria