Skip to Content

Becas e Axudas

LISTA PROVISIONAL E DATA PARA RECOLLIDA DOS CHEQUES DE AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR

Hoxe se publicaron as listas provisionais da xente que foi adxudicataria dos cheques de axuda de material escolar. As listas poden consultarse no centro de forma presencial, non se da esa información por teléfono.

O día 26 de xullo se publican as listas definitivas de adxudicatarios e a partir de esa data pódese recoller o cheque no centro. 

IMPORTANTE: ten que recoller o cheque a persoa solicitante que cubriu a solicitude e ten que traer o DNI, non pode recollelo ningunha outra persoa. 

Convocatoria axuda para a compra de material escolar no curso 2023/2024 ao alumnado da ESO

BENEFICIARIOS: alumnado da ESO

CUANTÍA:

  • 75€ se a contía da renda per cápita é menor ou igual a 6.000€ ou alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade maior ou igual ao 65%, con independencia da renda.
  • 60€ se a cuantía da renda per cápita é superior a 6.000€ e inferior ou igual a 10.000€

SOLICITUDE

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN do 22 de maio ao 21 de xuño de 2023

FORMA DE PRESENTACIÓN

Máis información no arquivo adxunto

BECAS MEC 2023/24

 

O alumnado que o próximo curso vaia realizar estudos de Bacharelato, ciclos formativos (CFGB, CFGM, CFGS), estudos universitarios, ensinanzas de réxime especial (deportivas, artísticas, etc.) ten aberto o prazo para a solicitude da beca ata o próximo 17 de Maio.

 

No documento adxunto teñen toda a información detallada: prazos, requisitos académicos e económicos, titoriais onde lle explican paso por paso como cubrir a solicitude...

 

Se, aínda así, hai alumnado que precisa axuda, pode contar co servizo de orientación no centro.

 

Por favor, non esperen ao último día para solicitala, xa que o ano pasado a páxina web quedou colgada os dous últimos días e daba moitos problemas.

 

Xa sabemos que hai alumnado que non ten claro que estudos vai realizar o ano que ven, pero aínda así deben solicitar a beca. Que poñan os estudos onden se ven con máis posibilidades. É o único prazo que hai; senón, perden a oportunidade. En setembro ábrese un prazo para as modificacións pertinentes.

 

Becas MEC 2022-2023

O luns 27 de marzo comeza o prazo para solicitar as becas MEC para Bacharelato e Formación Profesional ata o 17 de maio.

IMPORTANTE: solicita a beca independentemente de saber se vas a superar o curso ou non, para que no caso de que poidas optar a obtela, non se che pase o prazo.

Toda a información para facer a solicitude está no seguinte enlace:

Becas, ayudas y subvenciones para estudiar | Ministerio de Educación y Formación Profesional (educacionyfp.gob.es)

 

 

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut