Skip to Content

Becas e Axudas

Convocatorias de mobilidade para estudantes e persoal de educación

Bo día,

Adxúntanse información sobre: 

  • convocatoria provisional de axudas para a Mobilidade de persoal impartindo clases nun ciclo formativo de grao superior, cargos directivos e outros cargos vinculados co ensino en ciclos superiores no marco do Programa Erasmus+ KA171 para países asociados. 

  • convocatoria provisional de axudas para a Mobilidade de estudantes para prácticas cursando un ciclo formativo de grao superior, no marco do Programa Erasmus+ KA171 para países asociados.

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR DO CURSO 2024-25

BENEFICIARIOS/AS: alumnado da ESO

CUANTÍA:

  • 75€ se a contía da renda per cápita é menor ou igual a 6.000€ ou alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade maior ou igual ao 65%, con independencia da renda.
  • 60€ se a cuantía da renda per cápita é superior a 6.000€ e inferior ou igual a 10.000€

SOLICITUDE

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024
  • DOCUMENTACIÓN: solicitude ED330B e copia do libro de familia. En caso de divorcio tamén hai que entregar copia da sentencia ou convenio regulador.

FORMA DE PRESENTACIÓN

  • SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA
  • PRESENCIAL NOS CENTROS EDUCATIVOS

LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS: 12 de xullo

LISTAXE DEFINITIVA: 26 de xullo. A partir dese día poderanse recoller os vales de material.

Incluímos como arquivos adxuntos a solicitude ED330B e a convocatoria completa publicada no DOG.

Premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024

Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Pódese acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

Tedes adxunto un PDF resumo informativo.

CONVOCATORIA DE MOBILIDADES ERASMUS + PRACTICUM DEPO

CONVOCATORIA DE MOBILIDADES ERASMUS+ PRACTICUM DEPO
 
 
Pola presente convócase o procedemento para seleccionar a DOUS ALUMNOS/AS (con posibilidade de ampliación, dacordo á dispoñibilidade) para participar no programa de mobilidades europeas ERASMUS+ PRACTICUM DEPO coordinado pola Deputación de Pontevedra e o IES Ribeira do Louro no presente curso académico.
 
Con respecto aos alumnos/as, esta convocatoria vai dirixida aos estudantes que se atopen matriculados no segundo curso de calquer Ciclo Básico ou Ciclo Medio dos ofertados no Instituto Ribeira do Louro. 
 
Os estudantes que estean interesados en participar nunha mobilidade deberán cumprimentar o documento relativo á “SOLICITUDE ERASMUS PRACTICUM DEPO” e envialo ao seguinte enderezo ies.ribeira.louro@edu.xunta.gal  entre o 15 E O 28 DE ABRIL DE 2024 (ambos inclusive).  É importante que no asunto do correo se indique o seguinte texto “SOLICITUDE ERASMUS PRACTICUM DEPO NOME APELIDOS” (Ex. SOLICITUDE ERASMUS PRACTICUM DEPO UXIA SILVA LOUREIRO).
 
Para máis información sobre as mobilidades e o proceso de selección ler o aquivo informativo anexo a esta publicación ou contactar con Olga González (Departamento de Administración e Xestión).
Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut