Skip to Content

Complementarias

CHARLA PARA FAMILIAS: ESTABLECEMENTO DE NORMAS E LÍMITES

O próximo martes 21 de novembro, a Asociación Érguete (Vigo) impartirá unha charla para familias sobre o "establecemento de normas e límites" na adolescenciaA formación está organizada polo Departamento de Orientación do centro. É gratuita, e non require inscrición previa. 


Lugar: salón de actos
Horario: de 18:00 a 19:30

Visita ás Galician Skills

O pasado 25 de outubro os ciclos de Electricidade e Electrónica, Instalacións de Telecomunicacións, Servizos Comerciais, Xestión Administrativa e Reforma e Mantemento de Edificios fumos a Silleda de visita ás Galician Skillso campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas. 

Nestas fotos móstrase algunhas das cousas que puidemos ver alí.

Pincha na imaxe para ver a galería de fotos:

Álbum: Curso 2023-2024 -> Galician Skills

Viaxe cultural a Madrid

Alumnado de 1º de Bacharelato viaxou a pasada semana a Madrid dentro dunha actividade cultural organizada conxuntamente polos departamentos de Lingua Española, Ciencias Sociais e Música. Os nosos compañeiros realizaron diversas visitas: á exposición sobre os 100 anos da Biblioteca Musical do Centro Cultural Conde Duque; asistencia ao musical de "Billy Elliot" e ao teatro "Fortunata y Benito"; e desfrutaron da arte nos museos do Prado e Reina Sofía. Por último, á volta da viaxe, visitaron tamén a monumental cidade de Segovia. 

 

III Concurso de Microrelatos Amnistía Internacional

Parabéns aos nosos alumnos finalistas no III Concurso Xuvenil de Microrrelatos "Terra de Acollida" organizado por Amnistía Internacional. María Domínguez por "Orfandade e Iago Maceira por "Empatía no pasado" asistiron á entrega de premios o pasado 20 de abril na sede a ONCE en Vigo.

 

Iago e Maria con Manuel Núñez Singala

Iago e María co escritor Manuel Núñez Singala

Podes escoitar as súas voces dende os seguinte enlaces: 

"Orfandade"

"Empatía do pasado"

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut