CHARLA PARA FAMILIAS: ESTABLECEMENTO DE NORMAS E LÍMITES
O próximo martes 21 de novembro, a Asociación Érguete (Vigo) impartirá unha charla para familias sobre o "establecemento de normas e límites" na adolescencia. A formación está organizada polo Departamento de Orientación do centro. É gratuita, e non require inscrición previa.
Lugar: salón de actos
Horario: de 18:00 a 19:30