EMPRÉSTITOS DE VERÁN
Chegamos xa ao final deste curso pero Biblioribeira quere seguir acompañándovos e por iso xa está aberto o servizo de préstamo de verán. Podedes levar ata tres libros e/ou DVDs que poderedes devolver en setembro.
Deixámosvos, ademais, unhas cantas novidades que esperamos sexan do voso agrado.
Bo verán e felices vacacións!
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O equipo de Biblioribeira convídavos a coñecer a Xela Arias, homenaxeada no día das nosas letras, a través da súa obra, as súas traducións e outros traballos que versan sobre a autora.
Son conscientísima de que ao empregar
unha lingua minoritaria pecho portas:
que iso non me fará cambiar de idioma.
Camino Solidario 700
CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO
CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO
Venres, 23 de abril (5ªe 6ªHORA): PELÍCULA,MÚSICA E MONÓLOGOS
PELÍCULA
- Clásicos en pandemia: A PELÍCULA. O punto de partida deste traballo que hoxe vos ofrecemos, xorde dunha reflexión: que tería sido dos grandes clásicos da literatura universal de todos os tempos se pasaran por unha pandemia como a actual?
A partires de aí, alumnado e profesorado traballaron arreo para crear esta “película” que hoxe temos o pracer de presentarvos en primicia mundial. Agardamos que a desfrutedes!
Duración: 1 hora
- Tomas falsas e canción final
Duración: 4:23
MÚSICA
“Música para que leas”: cancións de animación á lectura.Traballo multidisciplinar (Clube de lectura e Dptos. de lingua inglesa e de música).
- You can read for free, baseada en “Yellow Submarine” de The Beatles. Música, alumnado de 3º ESO; voz, alumnado 1º Bacharelato.
Duración: 2 minutos 17.
- Every book you read, baseada en “Every Breath you take” de The Police. Música e voz, alumnado de 4º ESO.
Duración: 3 minutos 37.
MONÓLOGOS
O alumnado de teatro, dirixido por Delio García, preparou uns monólogos variados.
- Monólogo de Shylock,interpretado polo alumno Nicolás Freiría Casal (1ºESO-A). Alegato antirracista incluído na obra O mercador de Venecia, de W. Shakespeare. Duración: 3 minutos.
- O moucho aburrido. Monólogo da alumna Miriam Vila Fernández (2º BACH.-B). Trátase dunha creación de Paula Carballeira na que se narra un fermoso conto de animais.
Duración: 6 minutos.
- Contos para a hora da cama.Monólogo do alumno Samuel Barros Ferreira (2ºBACH.-B), a partir dunha creación de Quico Cadaval, na que se fai unha divertida e enxeñosa aproximación crítica ao conto tradicional.
Duración: 10 minutos.
- Decameron, historias para tempos ruís. Monólogo do alumno Antonio García Torres (2º BACH.-A). É unha adaptación teatral de Cándido Pazó da obra narrativa de Giovanni Boccaccio.
Duración: 12 minutos.
PROGRAMA
Aquí tedes o programa completo con ligazóns a material que pode resultar do voso interese para afondar en cada un dos textos traballados.
- Programa
NOVIDADES
Dende Biblioribeira queremos desexarvos unhas felices vacacións cunha escolma de novidades que xa está agardando por vós.
Felices lecturas!
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora en verbas da UNESCO unha das formas máis prezadas da expresión e identidade lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a convivencia pacífica.
Aquí podes atopar o resto do videopoemas do noso alumnado.
RECOMENDACIÓNS 8 DE MARZO
Xa podedes atopar en Biblioribeira unha escolma de libros e películas vencellados ao 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
VISITA DE PAULA GÓMEZ GONZÁLEZ DO IES A BASELLA
O pasado día un de marzo tivemos unha sesión de docencia externa coa profesora Paula Gómez González, do IES A Basella, na que intercambiamos experiencias e que nos serviu de inspiración para a nosa actividade.
Noraboa a todo o equipo de biblioteca do IES A Basella polo seu traballo!
ESCOLMA DE POEMAS
Co gallo do Día escolar da non violencia e paz, o alumnado de 3º ESO PMAR, 1º ESO A e C elaborou uns poemas que queremos compartir con tod@s vós.
Noraboa por unhas composicións tan fermosas!
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.
Neste vídeo recollemos as palabras coas que o noso alumnado quere conmemorar o 30 de xaneiro.
Día escolar da non violencia e a paz
Deixemos de imaxinar e fagámolo realidade!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »