Skip to Content

25 de novembro

Durante o mes de novembro a nosa biblioteca uniuse á reinvindicación do 25 de novembro, día contra a violencia de xénero. Colocamos na entrada da biblioteca libros cuxa temática está relacionada directa ou indirectamente coa violencia exercida contra as mulleres só polo feito de selo.

 

Ciencia na biblio

O mes de novembro é o mes da ciencia na Biblio. Quixemos visibilizar a ciencia na nosa biblioteca. Para logralo deseñamos distintas actividades que se desenvolverán no espazo da nosa biblioteca durante todo o mes.

Comezamos cos venres de cine científico. Todos os venres o alumnado poderá visionar pequenas pílulas de vídeos científicos, sobre matemáticas, bioloxía, física… Tras a proxección van ter un cuestionario kahoot sobre o tema que viron. Quen será a alumna ou alumno que máis respostas acertadas teña? Quen o consiga terá un premio final.

Os xoves son os días dos experimentos. A biblioteca converterase nun laboratorio para ofrecer ao alumnado distintos experimentos que nos fagan comprender mellor o que ocorren a diario ao noso arredor e que non nos decatamos. Comezamos coa refacción da luz nun elemento distinto ao aire. A auga no reflicte igual que o aire os raios de luz. Preparamos un experimento que nos demostra como cambia a percepción da luz e polo tanto das cores que vemos. Veremos tamén a razón de que o galo do tempo de Portugal cambie de cor dependendo do clima. E moitos experimentos máis.

Outubro, mes das escritoras

Co gallo do día das escritoras, 17 de outubro, na BiblioRibeira quixemos adicarlle todo o mes a autoras de todas as linguas impartidas no noso instituto:

Deste xeito, cada martes e venres, na Radio Ribeira, un alumno e unha alumna do voluntariado da biblioteca déronlle voz no dial a:

Nélida Piñón, escritora brasileira; Liv Strömquist, sueca; Noelia Cortés e Sara Mesa, españolas; Annie Ernaux, francesa; Ágota Kristóf, Húngara, aínda que escribía en francés; Mary Shelley e J.K. Rowling, inglesas, e Emma Pedreira e Ledicia Costas, galegas.

 

Blog

Para axudar e dinamizar a nosa biblio creamos un novo lugar onde compartir con toda a xente o noso facer como biblioteca. Entra e coñece o que estamos creando. Biblioribeira

Visita de Paula Carballeira

Para pechar as celebracións da Biblioteca por mor do "Mes das Letras" visitou o centro Paula Carballeira. O alumnado de segundo tivo un taller de narración oral: a biblioteca ten a palabra

Lecturas recomendadas para o verán

Na biblioteca pódense facer os préstamos para este verán. Estas son as lecturas recomendadas para o verán 2022.

 

-22 segundos, Eva Mejuto 

-Irmán do vento, M. Lourenzo González

-O neno de lume (premio Xerais Infantil 2022), Ledicia Costas

-Casa de feras, Edgar Costas (permio Roberto Vidal bolaño 2021)

-Un elefante na sala de estar (premio Xerais Xuvenil 2022), Berta Dávila

-Heartstopper, Alice Oseman 

-Heist, Ariana Godoy

-Miedo a los perros que e me han dicho que no muerden, Javier García Rodríguez

-Fuera llueve, dentro también, Antonio Dikele Distefano

-Boulebard, Flor M. Salvador

-Las formas del querer (premio Nadal de novela 2022), Inés Martín Rodrigo

-Panza de burro, Andrea Abreu

-Violeta, Isabel Allende

-La vida contada por un sapiens a un neardental, Juan José Millás e Juan Luis Arsuaga

-El corazón helado, Almudena Grandes

-Infamia, Ledicia Costas

-A dúbida, María Reimondez

-Beleza Vermella, Arantza Portabales

-Os seres queridos (premio Xerais de novela 2022), Berta Dávila

 

 

 

 

Presentación de "Casa de feras"

O 30 de maio presentouse na Biblioteca Municipal do Porriño a obra gañadora en 2021 do premio Roberto Vidal Bolaño. Este premio, convocado polo IES Ribeira do Louro xunto coa Editorial Galaxia e a colaboración do Concello do Porriño, premiou na súa cuarta edición a obra de Edgar Costas, Casa de Feras. O público asistente puido escoitar como o autor analizou distintos aspectos  da súa obra e falou de Paco, Pizarro... e o resto dos habitantes da Casa de Feras

 

 

Visita de Carlos Labraña

O pasado xoves 26 de maio visitou o insituto Carlos Labraña. O gañador do premio Manuel María de textos teatrais falou do seu libro Contra reloxo. Completouse a visita coa representación polo grupo Furabolos da súa obra O Valo.

Roberto Mera

Roberto Mera falounos no Salón da Actos do centro a seu libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos.

O alumnado presente puido coñecer como foi o proceso de busca de información e creación dun libro onde se presenta a vida dun home que axudou a saír do país a milleiros de refuxiados políticos durante a Guerra Civil.

 

Saída a expotaku Coruña

O pasado venres 20 de maio o alumnado do club de lectura de manga e o club de lectura de novela gráfica pasaron o día na Expotaku da Coruña.

A viaxe realizaouse xunto co IES de Mos e o IES Pedro Floriani de Redondela.



by Dr. Radut