Skip to Content

Recomend-ACCIÓNS: Día Internacional dos Dereitos das Persoas con (Dis-)CAPACIDADE.

O IES Ribeira do Louro participou nunha andaina convocada por ACEESCA para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade. A comunidade educativa estivo presente no acto central dunha semana organizada para sensibilizar á sociedade. 

En Biblioribeira somos conscientes, valoramos e agradecemos a organización de actos como este e queremos apoiar a iniciativa coa nova sección 

 

Recomend-ACCIÓNS, escollas que acompañan

accións educativas inclusivas. 

 

PREME NA IMAXE PARA COMEZAR A PRESENTACIÓN

 

 

 

 

 

Recomend-ACCIÓNS: Día Internacional da Eliminación da Violencia en contra da Muller

Como cada ano o 25 de Novembro a comunidade educativa de Torneiros sae á rúa para reivindicar o a eliminación da violencia en contra das mulleres. 

Dende a biblioteca escolar sumámonos a este acto co fin de visibilizar, concienciar e poñer o noso gran de area para erradicar a violencia. Biblioribeira vertebra o traballo dos diferentes departamentos para que o alumnado sexa quen de comunicar e pedir a través de poemas, música e mesmo dunha colcha tecida por moitas mans.

Moitas mans dos diferentes centros da comunidade educativa de Torneiros que se xuntan en cadea para pedir o fin da violencia en contra das mulleres. 

 Emoción, creatividade, compromiso.

A música pechou o acto.

 

Para rematar, deixámosvos as recomend-ACCIÓNS de Biblioribeira:

escollas que acompañan accións educativas igualitarias. 

 

Preme na imaxe.  

 

Rematamos Outubro con lecturas terroríficas e comezamos Novembro, mes da ciencia en Biblioribeira

Estas son algunhas das imaxes do noso punto lector Ai que medo!  e da ambientación da biblioteca escolar durante a conmemoración do Samaín. 

E para rematar, como xa sabedes, Novembro adícase á ciencia en galego. Se queredes Ler ciencia en Biblioribeira, visitado o taboleiro en pinterest con recomendacións lectoras para este mes.

Bibliotecas Escolares de Galicia.

Club de lectura 16-17

Comezaron o seu camiño os diferentes grupos dos clubs de lectura en Biblioribeira e como xa sabedes hai unha grande afección pola literartura na nosa comunidade educativa.

Este ano como novidade o profesor e responsable de biblioteca Julio Abalde coordina un club de lectura para adultos

Boas lecturas a tod@s!

Mochilas viaxeiras 16-17

As mochilas comezaron a súa viaxe literaria... 

Benvid@s , Biblioribeira 2016-2017

 

 

Biblioribeira, a biblioteca escolar do IES Ribeira do Louro, comeza o novo curso escolar baixo o lema "Territorio das Artes" facendo referencia ao cartel de Minia Regos que interpreta a biblioteca un "territorio complexo e engaiolante".

 

 

 

Concurso de poesía Rosalía de Castro, Accésit para "Constantes e Variables" de José M. Flores

De novo un alumno do noso centro obtivo o recoñecemento no concurso escolar de poesía Rosalía de Castro. Neste caso foi José Manuel Flores Fandiño de 2º de ESO. 

Coa súa obra "Constantes e Variables" obtivo o 2º accésit na categoría do 1º ciclo da ESO.

Parabéns dende Biblioribeira e a comunidade educativa do IES Ribeira do Louro!

Recomendacions de veran 2016

 

Encontro con Sonia Mirón, semana do libro 2016.

Dentro da programación en torno ao día Internacional do libro que cada curso organizamos dende a biblioteca escolar hai un espazo para que o alumnado coñeza aos autores e autoras e as súas obras. Desta volta acompañounos Sonia Mirón para falarnos do seu libro "Si tu quieres".  

Premios Literarios Minerva 2016

O pasado 6 de abril celebrouse o acto de entrega do prestixioso Certame Literario Minerva, o máis antigo dos que se convocan en Galicia. Nese acto estaba a nosa alumna Laura Dauzón Otero de 2º de Bacharelato que recibiu o 3º Accesit na modalidade de poesía.O xurado, composto por creadores, docentes e críticos decidiron premiar os traballos que se citan a continuación:

Modalidade de narración

1º Premio a Amaia Tomé, de 16 anos, alumna de 1º de BAC do IES Francisco Aguiar de Betanzos, polo relato “Clare e outras illas”.

2º Premio a Cecilia Fidalgo Castromil, de 15 anos, alumna de 4º de ESO do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, polo conto “O expresso a Madrid”.

3º Premio a Iago González García, de 16 anos, alumno de 1º de BAC do IES Eduardo Blanco-Amor de Ourense, pola narración titulada “Non ad vitam aeternam”.

1º Accésit a Alba Pérez Barcala, de 15 anos, alumna de 4º da ESO do IES de Cacheiras, polo seu traballo “Tres ou catro globos máis”.

2º Accésit a Laura Regueiro Romero, alumna de 2º de BAC do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, polo texto “Unha revolución persoal”.

3º Accésit a Ángela Lamas Gómez, de 17 anos, alumna de 2º de BAC do Colexio Os Sauces de Pontevedra, polo relato “O anden do sen(ti)r”.

Modalidade de poesía

1º Premio ao amentado Iago González García pola súa triloxía “Cosmogonía”.

2º Premio a Inés Outomuro Rodríguez, de 17 anos, que cursa 1º de BAC no IES Eduardo Blanco-Amor de Ourense, polo poemario “Orixe”.

3º Premio a Tamara Fernández Labrada, de 16 anos, estudante de 1º de BAC do IES Terra Chá de Castro de Rei polo seu traballo “Non deixedes que vos miren o móbil”.

1º Accésit a Laura Regueiro Romero, de 17 anos, alumna de 2º de BAC do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, pola obra “Antoloxía inmigrante”.

2º Accésit a Nuria Fernández Robledo, de 16 anos, estudante de 1º de BAC do IES Eduardo Blanco-Amor de Ourense, pola triloxía “Migración á orixe”.

3º Accésit a Laura Dauzón Otero, de 17 anos, que cursa 2º de BAC no IES Ribeira do Louro de O Porriño, polo seu conxunto “Trátase de poesía”.

A entrega de premios, tivo lugar ás 17:10h., no Salón de Actos do Colexio Manuel Peleteiro, coa intervención do narrador e ensaista Xosé Ramón Pena.

Os e as gañadores fixeron a lectura das súas obras que serán publicadas nun volume.

 



by Dr. Radut