Skip to Content

Novas

Charla sobre a FP Básica

O antigo alumnado do noso centro Julián Martínez Monteagudo e Jéssica Rudi Fuentes, acudiron ao noso centro para contar as súas experiencias en ciclos de Formación Básica.

Grazas pola vosa visita e por contarnos as vosas vivencias neste curso académico.

 

Charla FP Básica

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL. INFORMACIÓN E CALENDARIO

Enlace á información xeral sobre as probas:

http://www.edu.xunta.gal/fp/probas

 

Enlace ao calendario de inscripción e realización das probas:

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/9041

 

Prazos do proceso de admisión a ciclos formativos

Descarga aquí o documento que recolle os prazos de admisión a ciclos formativos.

Aquí podes descargar as instrucións xerais do proceso de admisión

Charla FP Básica 18/19

Antigo alumnado do noso centro: Julián Martínez, Ismael Anlló e David Dono, acudiu ao noso centro para contar as súas experiencias en ciclos de Formación Básica. 

Grazas pola vosa visita e por contarnos as vosas vivencias neste curso académico.

charla FP básica 18-19

18 de xuño de 2019

Xornadas de acollida CEIP Sofía Casanova e CEIP Vila de Rutis curso 2018/19

Hoxe día 24 de maio de 2019 recibimos no noso centro ao alumnado de 6º de EP do CEIP Sofía Casanova e CEIP Vila de Rutis.

O alumnado de 1º da ESO, excompañeiros dese centro, foi o encagado de introducirlles todas as novidades que se atoparán no próximo curso académico. Ademais, o profesorado de materias optativas dedicou uns minutos a concretar en que consistirán as súas materias. 

Remataron a súa visita cun paseo polo centro e cunha saborosa merenda. 

(clic na imaxe para acceder á galería)

Xornadas acollida Sofía Casanova e Vila de Rutis 2019 

24 de maio de 2019

Xornadas de acollida CEIP Isaac Díaz Pardo curso 2018/19

Hoxe día 23 de maio de 2019 recibimos no noso centro ao alumnado de 6º de EP do CEIP Isaac Díaz Pardo.

O alumnado de 1º da ESO, excompañeiros dese centro, foi o encagado de introducirlles todas as novidades que se atoparán no próximo curso académico. Ademais, o profesorado de optativas dedicou uns minutos a concretar en que consistirán as súas materias. 

Remataron a súa visita cun paseo polo centro e cunha saborosa merenda. 

(clic na imaxe para acceder á galería)

Xornadas acollida Isaac Díaz Pardo 2019

23 de maio de 2019

Probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio e Grao Superior para o ano 2019

Consulta a  ORDE do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Grao Medio:O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
  • Grao Superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.

GUíA DE LINGUAXE INCLUSIVA

Este curso, dentro do programa de Titoría entre iguais, tanto o alumnado como o profesorado do centro está a recibir información sobre diversidade sexual e de xénero da asociación ARELAS.

Somos conscientes de que, dentro do respecto a esa diversidade, o uso adecuado da lingua ten un papel moi importante; por iso compartimos aquí a Guía de linguaxe inclusiva que vén de publicar a USC en colaboración co Colexio de Xornalistas.

Na mesma liña vai a Guía de Comunicación inclusiva da Deputación de Pontevedra, que tamén podes descargar nos adxuntos.

Charla sobre diversidade sexual e de xénero

O alumnado de 3 ESO do RDT asistiu a unha charla sobre diversidade sexual e de xénero.

A ponente, Cristina Palacios Castro presidenta da asociación ARELAS, afondou na importancia de catro aspectos a diferenciar neste tema: a identidade de xénero; a expresión de xénero; o sexo asignado e a orientación sexual. A combinación de todos dá lugar a unha rica diversidade. 

Charla diversidade sexual

Sabor Venezolano

No segundo recreo do día de hoxe no RDT os corredores sabían a Venezuela.

 

Unha resposta por un bocado. O alumnado para probar un bo manxar debía dar resposta a unha cuestión sobre o país Venezolano.

 

Grazas a Sofía, Daniela e Hugo e as súas familias pola súa colaboración. Todos aprendemos moito grazas a eles.

Sabor a Venezuela

 

Distribuir contido


by Dr. Radut