O alumnado de Investigación e Tratamento da información recibiu no primeiro trimestre un taller do EDLG de creación de códigos QR. O resultado, que este último mes estivo exposto no noso taboleiro, son estes paneis sobre mitoloxía galega nos que a través do QR podes acceder a un podcast que explica cada un deses seres da nosa tradición oral.
Premendo sobre a imaxe podes acceder ao pdf con todos os paneis.
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesregodetrabe/system/files/Andar%20aos%20Biosbardos.pdf