Skip to Content

IMPRESO PARA A XUSTIFICACIÓN DE FALTA A UN EXAME

Nesta ligazón poderá acceder ao modelo de xustificante de falta a un exame. Deberá ser cuberto e asinado por un responsable legal do alumno ou da alumna que teña faltado a un exame ou que saiba con antelación que vai faltar. Será entregado ao profesor ou profesora do exame nun prazo de 24 horas dende o día de reincorporación ao centro, teña ou non clase desa área.

A non xustificación da falta a un exame por este medio implica a perda do dereito a que se lle realice o exame de forma extraordinaria.



page | by Dr. Radut