Skip to Content

RUGBY NO REGO DE TRABE

A derradeira semana de maio e a primeira de xuño, Mariana, Emma, Olalla, Elsa, Javi, Andrés, e Emi, xogadores do C.R.A.T. A Coruña, viñeron ao centro a impartir catro sesións de rugby nas clases de Educación Física de 2º, 3º e 4º.  Pasámolo en grande e descubrimos o apaixoante que pode resultar este deporte.
 
Dende aquí queremos agradecer á xunta directiva e ao corpo técnico do C-R.A.T. por promover esta actividade, "A semente do rugby no teu centro escolar", nos centros educativos e darnos a posibilidade de aprender con ela. 
 
E moi especialmente agradecer aos xogadores-profesores a súa adicación e entusiasmo!!!
 
Velaí a ligazón a fotos e vídeos da actividade.
 


page | by Dr. Radut