Skip to Content

DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, como todos sabedes, celébrase o Día Internacional do Libro

Poderiamos citar a moitos grandes escritores, filósofos, políticos, pensadores ou xente da arte en xeral que, cunhas estupendas citas, nos convidan a todos a ler ou manifestan as moitas e boas sensacións que se poden experimentar cando un goza da lectura. Valgan de exemplos aquela que dixo Miguel de Cervantes: "el que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho"; Richard Steele: "la lectura es a la inteligencia, lo que el ejercicio es al cuerpo" ou o escritor británico Willian Somerset Maugham : "adquirir el hábito de la lectura es construírse  un refugio contra casi todas las miserias de la vida".

Pois no Rego de Trabe, quixemos celebrar este día da mellor maneira posíbel: lendo. Animámosvos desde este blogue a seguir gozando da lectura e das obras dispoñíbeis na nosa biblioteca . Aquí vos deixo as imaxes de parte do noso alumnado e unha mostra das lecturas que podedes atopar na sección de ciencias da biblioteca. 

Espero que vos animedes por vontade propia, pois: " o verbo ler, como o verbo amar e o verbo soñar, non soporta "o modo imperativo" " (José Luís Borges).

Fai clic na imaxe para acceder á galería.

 IMAXE ALUMNADO FQ DÍA DO LIBRO

 



blog | by Dr. Radut