Éxito rotundo dos alumnos do IES REGO DE TRABE no campionato galego de orientación, que se celebrou o pasado 21 de abril en Santiago de Compostela.
Alex Lamas Carnota, Víctor Ferrero Bouzón e Diego Fernández Balado conseguiron completar o recorrido dentro do tempo marcado pola organización.
Cabe subliñar que Alex Lamas Carnota entrou ademais entre os dez mellores do campionato galego, obtendo unha muy meritosa OITAVA praza.
Enhoraboa a todos polo traballo e o éxito obtido!!!
Fotografías facilitadas por Diego Fernández Balado