Skip to Content

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN 2018

O pasado mércores 11 de abril levouse a cabo nas inmediacións do IES REGO DE TRABE, unha carreira de orientación na que participaron diferentes centros da comarca, e onde o noso alumnado de 3º da ESO tivo a oportunidade de participar.
O obxetivo de dita carreira é percorrer no menor tempo posible unha serie de balizas ou puntos de control, no orden que se indica, coa axuda de un mapa e de unha pinza electrónica. O mapa serve para poder orientarse e a pinza para fichar nos puntos de control ou balizas.
Temos que destacar a brillante participación do noso alumnado, especialmente:
Diego Fernández Valado
Alex Lamas Carnota
Víctor Ferrero Bouzón
Aitana Guerra Vazquez
Andrea Cortizas Giralda
que se clasificaron para a fase seguinte.
Debido a diferentes motivos persoais, só asistirán a seguinte proba Diego, Alex e Víctor. Será o próximo 21 de abril en Santiago de Compostela.

Moita sorte a todos!!

LIGAZÓN A FOTOS DA PROBA

 



page | by Dr. Radut