As familias do alumnado do IES Rego de Trabe poderán consultar información dos alumnos e alumnas ao seu cargo, de forma totalmente confidencial e privada, dende o seu móbil ou a súa tablet.
A información que atoparán será relativa a:
- faltas de asistencia e de puntualidade
- faltas de conduta
- incidencias na aula
- avisos e notificacións que o prefesorado considere necesario que as familias coñezan
Asimesmo, será posible nalgúns casos xustificar faltas de asistencia ou de puntualidade e concertar cita para reunión de titoría.
Unha vez instalada a aplicación no seu móbil, terá acceso a esa información. De non ser así, deberá pasar pola secretaría do centro para confirmar o seu número de teléfono.
No seguinte enlace atoparán unha guía rápida para a instalación da aplicación:
E no seguinte enlace unha guía na que se explica como buscar a información que precisen dentro da aplicación: