O IES Rego de Trabe organiza o día 25 de novembro a I Marcha en bicicleta, patinete, patíns ou andando en conmemoración do "Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres". O itinerario comeza ás 12:10 na fachada do instituto, onde se lerán uns textos.
Desde ahí cruzarase ata o carril bici da R/ Tierno Galván. Ao final deste, pola pasarela peatonal chegarán os que van andando ao Paseo Marítimo. Os que vaian en vehículos de rodas seguirán polo carril-bici ata a ponte de O Burgo.
No Paseo marítimo farase un sinxelo acto relacionado co día.
As fotos da actividade poderán verse na Galería proximamente