Skip to Content

ARTIGO DA NOSA ALUMNA CHIARA GRIFASI

O PROXECTO DE LAURA ROMERO

Chiara Grifasi Martínez, 20 de Marzo do 2023

 Laura Romero é unha música e ilustradora que dende nova se interesou pola música.

Cando empezou a auto-educarse sobre a música lendo libros deuse conta de que na historia de Galicia había moi poucas mulleres músicas coñecidas e moitas moi pouco recoñecidas ou esquecidas.

Así empezou o seu proxecto “Músicas galegas ilustradas”, no cal pintaba quince murais de grandes mulleres músicas en varias cidades de Galicia.

E con trinta e dous anos escribiu e ilustrou o libro Ferreñas e Rock & Roll sobre estas mulleres olvidadas ou descoñecidas.

No mural do noso Rego de Trabe permanecen na aula de música: Noelia Perpetuo –gañadora de “Quero cantar!”- Lydia Botana, Carmen Rey, Bea de Estrella, Blanca Moreno Barral e Janeth Pérez, de París De Noia, coa cal ten unha anécdota moi interesante.

Janeth Pérez e Laura Romero fixéronse moi amigas, e cando Laura comezou o seu proxecto visitou a avoa de Janeth, que foi unha música excepcional, e contoulle a seguinte historia.

Josefa de Bastabales, (a avoa de Janeth) mudouse ata Bastabales, en Santiago, onde casualmente Manu Chao tiña unha casa onde ía unicamente de vacacións e para facer festas.

Un día non tiñan pota para facer o polbo e pedírolla á súa veciña Josefa. Ela cedeu coa condición de unirse á festa.

Fixéronse moi amigos porque compartían unha gran pena. Josefa quedou viúva e Manu acababa de deixar a súa banda Mano Negra.

Josefa foi a fonte da súa canción “Desaparecido” e a historia de Josefa Bastabales incluíuse no libro de Laura.

A xente daquela aldea preguntaba a Josefa onde estaba Manu Chao e el nunca estaba, porque sempre facía festivais noutros lados, sobre todo en Barcelona.

Josefa díxolle: “Que estás, desaparecido?”. E así creouse esta famosa canción.

De todas as formas máis que Manu Chao, a importancia no libro “ Ferreñas e Rock & Roll” tena Josefa, sendo unha música excelente e talentosa, e unha grande amiga e persoa.

Ata o día de hoxe Laura toca nunha banda chamada Zënzar e esperamos que teña moito éxito.



blog | by Dr. Radut