Contamos cos seguintes equipos, que contribúen moi activamente á vida do centro e á adquisición de competencias por parte do alumnado, cada un deles coordinado por un docente:
- Equipo de biblioteca, integrado por catro docentes
- Equipo de dinamización da lingua, integrado por catro docentes e tres alumnos e alumnas.A
Ademais existe una persoa que leva a coordinación TIC, que trata de fomentar, orientar e resolver problemas relacionados coas ferramentas das tecnoloxías da información e a comunicación, e unha persoa coordinadora de Edixgal, encargada especificamente do desenvolvemento deste proxecto de educacióm dixital, aprobado neste centro para 1º e 2º da ESO.
Por outra banda, dentro do plan de formación do profesorado estanse a desenvolver varias liñas, cada unha delas cunha persoa coordinadora:
- STEM e club de ciencia
- Internacionalización
- Seguemento dos contratos programa
- Plan dixital