Alumnado de 4º e de 1º Bacharelato participou na XII Olimpiada de Xeoloxía, celebrada na sede de A Coruña o 24 de febreiro de 2021. A iniciativa correu a cargo do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do centro.
Unha alumna de 4º conseguiu un accésit.
O venres 16 de abril, a dirección do IES Rego de Trabe xunto co profesorado de Bioloxía e Xeoloxía entregou uns diplomas recoñecendo a participación do alumnado e felicitando polos resultados.