Skip to Content

Blogue de nuria mulet

OLIMPIADA DE BIOLOXÍA

O pasado venres 23 de febreiro celebrouse a fase autonómica da XIX Olimpiada de Bioloxía en Vigo, na que participou un dos nosos alumnos, Mario. Vemos ós participantes relizando unha das  probas e tamén fotos do acto de clausura que tivo lugar no salón de actos da facultade de Bioloxía de Vigo

OLIMP 1

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE 1º BACH DA MATERIA DE BIOLOXÍA, XEOLOXÍA E CIENCIAS AMBIENTAIS

O alumnado de "Bioloxía , Xeoloxía e Ciencias ambientais", de 1º BACH, tras a saída para o estudo do ecosistema no entorno do Rego de Trabe realizaron unha exposición na que amosaban as conclusións

:

ESTUDO DO ECOSISTEMA NO REGO

O alumnado de 1º Bach está a realizar un estudo do ecosistema dos arredores do noso centro acompañados de Nerea Casal Saavedra, participante do Practicum de profesorado da UDC, que acompañounos neste trimestre durante a sua fase de prácticas.

VISITA A CIFP Universidade Laboral

 

 
 

O pasado 3 de marzo, o alumnado de 4ESO de Ciencias aplicadas do noso centro, acompañados pola profesora deste departamento Belén Díaz Parga achegouse ao CIFP Universidade Laboral para coñecer as súas instalacións e talleres, así como para recibir información dos ciclos formativos que alí imparten. A súa orientadora e o profesorado das familias de Enerxía e Auga, Instalación e mantemento, Marítima-pesqueira ou de Actividades físicas e deportivas, amosáronnos en que consisten os seus ciclos e para que capacitan profesionalmente

EXPOSICIÓN "O AZÚCAR NO QUE COMES"

Tras as vacacións do Nadal o alumnado de "Anatomía aplicada", coa profesora Victoria Valero realizaron prácticas de  laboratorio nas que analizaron o contido en azúcar de determinados produtos. E así amosaron as conclusións :

 

VISITA Á FACULTADE DE CIENCIAS DA UDC

CONCURSO "GEODESCUBRE"

 

ACTIVIDADES DE XEOLOXÍA NOS DISTINTOS CURSOS DO DEPARTAMENTO

ACTIVIDADE DE XEOMORFOLOXÍA NA MATERIA "BIOLOXÍA E XEOLOXÍA" (1º ESO).

Algúns relevos sobre os que tiveron que investigar foron os seguintes: tómbolo, albufera, cabo, barkhanas, loess, horn, circo glaciar, esteiro, delta, fervenza, acuífero, arco illa...

  TAREFA "ANÁLISE DE PAISAXES" NA MATERIA "BIOLOXÍA , XEOLOXÍA E CIENCIAS AMBIENTAIS" (1º BAC).

Mostra parcial de algunhas produccións realizadas por Daniela M Fraga Muiño (esquerda) e Lucas López Roel (dereita)

 1BAC Analise Paisaxes

MAQUETAS XEOMORFOLOXÍA 3ºESO 2021-22

En 3º ESO comenzamops o primeiro trimestre polo bloque de XEOLOXÍA. Aquí quedan algunhas das incribles maquetas de Xeomorfoloxía que fixo o alumnado.

PROXECTO BIODIVERSIDADE

O alumnado de Bacharelato participa no proxecto ABRINDO ESPAZOS DE BIODIVERSIDADE

 

Distribuir contido


by Dr. Radut