Skip to Content

Educación Física

CAMPIONATO ZONAL ORIENTACIÓN

22/02/2024 23:23

Durante a mañá do mércores 21 de febreiro algúns alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO participaron na primeira proba do circuíto de deporte escolar na modalidade de Orientación clasificatoria para a fase provincial no campo de fútbol de San Lázaro en Noia.

 

 

 Para ver fotos dos clasificados, pulsar AQUÍ

 

 

CONVIVENCIA DEPORTIVA CO IES SAN ALBERTO

21/12/2023 23:21

O xoves 21 de decembro o alumnado de CICLO e de 1º de BACHARELATO visitou o IES Campo de San Alberto  (Noia). 

Ao longo de toda a mañá o alumnado de ambos institutos realizaron varias competicións deportivas e disfrutaron dunha pequena merenda contando con tempo para socializar entre eles.

 

 

ESTRATEXIAS PARA AFRONTAR SITUACIÓNS DE DESIGUALDADE FÍSICA

04/12/2023 22:20

Dentro das actividades propostas polo Concello para a conmemoración do 25 de Novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato recibiu unhas clases para aprender estratexias para afrontar situacións de desigualdade física. Estas clases foron impartidas por Israel e Clara da escola de boxeo "EL CANARIO"de Ribeira entre o 29 de novembro e o 1 de decembro.

                                        

 

 

 

 

ESTRATEXIAS PARA AFRONTAR SITUACIÓNS DE DESIGUALDADE FÍSICA

04/12/2023 22:03

Dentro das actividades propostas polo Concello para a conmemoración do 25 de Novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato recibiu unhas clases para aprender estratexias para afrontar situacións de desigualdade física. Estas clases foron impartidas por Israel e Clara da escola de boxeo "EL CANARIO"de Ribeira entre o 29 de novembro e o 1 de decembro.

Para ver máis, pulsar AQUÍ

PROBAS DE CAMPO A TRAVÉS

04/12/2019

O día de onte tivo lugar en Noia as probas de campo a través dentro do programa XOGADE. Os alumnos de 2ºESO competiron ao longo da mañá con outras nenas e nenos da comarca, polo que o 16º posto de Kevin Dean ben merece unha felicitación. Pasaron á seguinte fase un grupo de cadete feminino e outro masculino. Felicitamos aos rapaces polo seu bo comportamento e actitude na carreira.

EN EDUCACIÓN FÍSICA TRABALLANDO A ALIMENTACIÓN

21/06/2019

O alumnado de Educación Física de 4º de ESO traballou a alimentación neste trimestre. Canto azucre consumimos en alimentos que tomamos habitualmente? Cales son esas "falsas verdades" arredor da nutrición, das dietas...

Nada mellor que ver fisicamente a cantidade de azucre que nos metemos no corpo cada día para reaccionar! Ben interesante!

 

A CRUZ VERMELLA IMPARTE UN CURSO DE PRIMEIROS AXUILIOS PARA O ALUMNADO DE 4º DE ESO

16/05/2019

Onte, xoves, a Cruz Vermella de Noia impartiu un curso de primeiros auxilios (RCP e Maniobra de Heimlich) ao alumnado de 4º de ESO. Trouxeron maniquíes para practicar as maniobras básicas de RCP, continuando a formación teórico -práctica vista na materia.

VÍDEO TÉCNICO DA RUTA DA AUGA

14/05/2019

Cales son as características técnicas da Ruta da Auga? Cales os puntos de interese? Do departamento de Educación Física achéganos este vídeo onde se recolle esta información. Preparad@s para camiñar?!!!  Calzado cómodo. Saímos do centro e rematamos en Cans!

Convertemos o noso entorno na mellor aula!

  

Roteiro da auga. 1º ESO from SonCine on Vimeo.

EXCURSIÓN A PENA AVENTURA

06/05/2019

A semana pasada o alumnado de 3º de ESO viviu dous días de aventura no medio natural, actividade física e convivencia en Pena Aventura Park. Explorar a natureza, relaxarse e divertirse... e, ao tempo, practicar o portugués. A actividade foi organizada polo departamento de Educación Física. Non hai máis que ver esta foto para ver que ben o pasaron!!

 

 

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN, ACEA DA MA. XOGADE

24/04/2019

Excelentes resultados dos alumnos do IES  de Porto do Son no Campionato Provincial Escolar de Carreiras de Orientación celebrado o 9 de abril no Parque Deportivo de Acea de Ama (Culleredo), obtendo Elio Serantes e Nerea Oujo un 2ª posto na categoría cadete masculino e feminina respectivamente. Sete alumnos máis clasificáronse para o Campionato Galego que se celebrará o próximo 4 de maio en Orense. Como vedes na foto, destacada participación feminina! No fondo da imaxe, Eloi! PARABÉNS!!! 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut