Skip to Content

CICLO 2017-2018

28/06/2018

Rematamos este curso 2017-2018!!. O ciclo foi moi intenso; este ano tivemos un montón de aventuras sós, acompañados doutros ciclos, con alumnado do centro... É dificil poñer palabras a todo un curso, e a unha promoción intensa, nova e responsable, así que poñemos un vídeo.

Boas prácticas aos que empezan agora en xullo nas empresas!!

ADMISIÓN AO CICLO

28/06/2018 17:57

A solicitude de admisión farase vía web na aplicación ciclos admisión. O prazo de presentación de solicitudes de admisión ao ciclo remata o 3 de xullo (ás 13:00h).

Pódense consultar os prazos e a distribución de prazas para ciclos en instrucións xerais do proceso de admisión.

As listaxes de solicitantes e de adxudicados/as pódense consultar en listaxes.

Na páxina de FP da Xunta publícase a información xeral do ciclo.

Apórtase información específica do ciclo deste centro no ficheiro adxunto.

Visita a nosa páxina de facebook.

(O horario do centro en xullo é de 9:30h a 13:30h).

CELEBRANDO O FINAL DE CURSO!

27/06/2018

O xoves pasado celebramos o final de curso. Despois da faena de limpeza das aulas, recollida de libros e últimas repescas, a mañá tornouse festiva, acompañada do sol tan agardado!

Ademais das xa tradicionais competicións deportivas (as derradeiras que Marcial organiza no noso centro; ímolo botar en falta!), tivemos teatro, exposición de maquetas de Plástica, Feira Tecnolóxica, concurso de baile de robots e de carreira de coches propulsados por auga Risa Risa 

Por primeira vez o alumado do ciclo tivo un acto de graduación ben merecido e emotivo! Parabéns!

Pepe e Tono xubílanse, Ana Fábregas, Marcial, Begoña e Raúl cambian de centro, pero seguen formando parte da comunidade educativa de Porto do Son!!! Así que non lles dicimos adeus. Agardamos velos con frecuencia por aquí, como xa o fan outros compañeiros que mesmo participan das nosas actividades, é o que ten pasar polo insti do Son e deixar pegada!

Aquí vos deixamos o vídeo!

 

 

 

 

Moitas grazas ao alumnado e ao profesorado que fixo posible este día de celebración!!!! E agora, praia, descansoo, festa... Naqueles casos en que teñades que vir ás probas de setembro, cun pouquiño de organización hai tempo para disfrutar, os días son larghos no veránGuiño!!!

BOAS VACACIÓNS!!!

  

LANZANDO REDES! POR QUE VISITAR OU VIVIR EN PORTO DO SON?

20/06/2018

Estivemos enredados en abril e maio coa migración do blog de biblioteca de Blogaliza a Worpress e coa creación do blog Onda Perseveira e claro, con tanta faena, aínda traemos agora o programa Lanzando Redes que se gravara na Semana Cultural.

Naquel obradoiro con Javier Prado, enmarcado no proceso de formación do proxecto piloto Radio na Biblio, os alumnos e alumnas do club de lectura investigaron, crearon un guión e gravaron este programa co obxectivo de lanzar redes. Contábannos de Porto do Son, do seu patrimonio, das súas festas, do que ofrece este concello e, como non,  tamén do noso instituto e das nosas actividades. 

O club de lectura colabora dende Onda Perseveira co Proxecto das rutas!

Pois iso, botando redes para que os oíntes nos visiten! 

Aquí vos deixamos con Suso, Franco, Érika, Indra e Clara. Por certo, Franco acababa de incorporarse ao noso centro. Recén chegado de Arxentina, facía a súa inmersión no galego ao grande, dende a radio!

 

BOTELLAS CON MENSAXE: APROPIARSE / RESPONSABILIZARSE DO ESPAZO

20/06/2018

Dentro do traballo de 1º de ESO desenvolvido sobre as botellas, a convivencia, o apropiamento do espazo para facelo noso, para que o alumnado se responsabilice facéndoo seu, achegámosvos a intervención creativa do alumnado de plástica de 1º ESO B no corredor dos bacharelatos. Continuamos co PROXECTO PERSERVEIRA, que vai da man do PROXECTO DA RUTA DA AUGA. Cando botamos a andar as rutas como elemento integrador, estabamos abrindo camiños. Estes son os camiños que se abren entre as cores, os sorrisos, a colaboración, o uso sostible do material... PARABÉNS! 

Os seus compañeiros de 1º ESO A e 1º ESO C tamén participaron no proxecto! Podedes ver o vídeo que explica como se desenvolveu esta nova fase de Botellas con Mensaxe no  Facebook da Sala Perseveira!

 

 

XUSTIZA, MOTOR DE UTOPÍAS E REVOLUCIÓNS

12/06/2018

A xustiza é o motor das utopías? É a xustiza motor de revolucións? Nos tempos que vivimos sobran cuestionamentos para mirar á Filosofía, aos clásicos. Podemos atopar neles respostas? Ata que punto a nosa sociedade e o sistema educativo está deixando pasar a posta en valor do pensameto, necesaria para xerar espírito crítico?

No noso instituto estamos ben seguros da resposta. O alumnado de Filosofía de 4º de ESO tamén.

Este é o vídeo co que participaron na V Olimpíada Filosófica:

 

 

APRENDER A COMUNICAR CON MONCHO FERNÁNDEZ, ADESTRADOR DO OBRADOIRO

08/06/2018

O alumnado do Ciclo e de IAEE de 4º de ESO participou no programa EDUMOTIVA nun encontro con Moncho Fernández, adestrador do Obradoiro, quen impartiu a charla "Aprender a comunicar, clave no desenvolvemento persoal e profesional". Sorprendeunos cunha charla que se enmarca na tematica transversal do IESON de este ano: a comunicación. Comezou falando das súas dificultades iniciais para falar en público na súa etapa como profesor e como, grazas á motivación e a certas estratexias, puido controlar os seus medos e medrar cara a obxectivos favorables para a súa proxección profesional.

Unha persoa moi cercana que soubo conquistar o alumnado e profesorado e mostrarlles vías para poderen sacar beneficio das súas aprendizaxes. Como xa esperabamos, Moncho non defraudou a ningún dos presentes, e moito persoal do instituto afeccionado ao baloncesto aproveitou a súa presenza para coñecer máis preto o home que se esconde tras o mito, ao "alquimista de Pontepedriña".

 

RECIBINDO O ALUMNADO DE 1º DE ESO DO CURSO 2018-19

02/06/2018

Onte, dentro do plan de acollida, recibimos o que será o noso alumnado de 1º de ESO no curso 2018-19. Alégranos ver esas caras novas achegarse coa incertidume e a ilusión dunha nova etapa. Mostrámoslles o centro e, na biblio, o alumnado de 1º de ESO encargouse de contarlles as actividades nas que poderán participar!

VISITANDO ALLARIZ CO PROXECTO TERRA

02/06/2018

A semana pasada o alumnado de 3º de ESO e o de 1º de ESO que cursa a materia de Paisaxe e Sustentabilidade visitou Allariz, dentro do Proxecto Terra. Podedes ler máis no blog da biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut