Eventos
O pasado luns estivo no centro Carlos Nuñez, profesor da Escola Politécnica Superior de Enxenería do campus de Lugo no marco das charlas “A Ponte” da USC, veu falar dos terremotos, e en concreto destes sucesos en Galicia e a probabilidade de que ocorran. Ensinou recursos dixitais para o estudo deste tipo de fenómenos e para a súa divulgación e explicou o motivo polo que non se espera un seísmo de gran magnitude na nosa comunidade.
Do 16 ao 19 de marzo, o alumnado de francés de 3º de ESO realizou unha viaxe cultural a París.
Ademais das visitas ineludibles: a Tour Eiffel, o Arco de Triunfo, a catedral de Notre Dame,... o alumnado disfrutou dun percorrido en barco polo Sena, dunha visita guiada no museo do Louvre para descubrir algunhas das obras principais e dunha experiencia multisensorial no museo da Ilusión.
Unha viaxe curta pero moi intensa en descubrimentos e emocións...
Máis fotos AQUÍ
O alumnado de 2ºCM dirixe unha práctica de orientación na contorna do centro. Participa alumnado de 1º da ESO e de 1º de BAC dirixidos por Eva e Lorena, moitas grazas pola experiencia.
No marco das charlas do programa A Ponte da USC, o mércores 20 de marzo tivemos a visita de Francisco Omil profesor na Escola de Enxeñaría Química, que veu falar da importancia da biotecnoloxía na sociedade ao longo da historia e a súa aplicación no futuro como ferramenta en diferentes campos: medicina, farmacia, agricultura e ganderia, rexeneración ambiental,.... Ademais explicou as diferentes vías de acceso a unha titulación.
Os días 21-22 de marzo, o alumnado de 2º da ESO asitiu a uns talleres de cociña corresponsable no Viveiro de Empresas, ao eido do 8 Marzo. Alí puideron amasar e estirar a masa E preparar unhas exquisitas pizzas, que despois degustaron antes de volver ao instituto.
Máis fotos AQUÍ
O alumnado de 3º de ESO asistiu na mañá do venres a un obradoiro musical no que poideron traballar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres dun xeito lúdico e adaptado á sua idade.
O alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía Bilingüe disfrutou de cinco días de visitas e actividades culturais e lingüísticas na cidade de LONDRES do 18 de marzo ao 22 de marzo.
Máis fotos AQUÍ
O pasado día 22 de marzo, Día Internacional da Auga, o alumnado de 1º de ESO participou na andaina da Agua, unha ruta dende o IES ata a praia da Aguieira, pasando pola depuradora de augas de Porto do Son, alí explicáronos o funcionamento da instalación e a importancia de non malgastar este recurso tan preciado.
Pódese consultar a información sobre as bolsas de Estudo MEC, convocatoria xeral, curso 2024-2025 pulsando AQUÍ
Do 1 ao 4 de abril o alumnado de 3º e 4º de ESO viaxou ata Villablino, á estación de esquí Leitariegos, onde puideron disfrutar da neve e sobretodo iniciarse nun deporte novo para moitos deles...
O 5 de abril, o alumnado de 4º C e de CICLO asistiu no Salón de Actos, a unha charla de Orientación Laboral impartida pola área de Servicios Sociais do Concello de Porto do Son da man de José M. Pazó Argibay.
Durante a xornada do 10 de abril, o alumnado de 3º de ESO e o alumnado de Xeografía de 2º de Bacharelato foron a Meteogalicia onde lles explicaron como se toman as medidas das diferentes variables.
Posteriormente fixeron unha ruta matemática no parque de Bonaval.
O noso agradecemento á organización da Doctora Fernández de Córdoba e a colaboración e implicación de todo o equipo de Atención Primaria do Centro de Saúde de Porto do Son, que decidiron empregar unha parte do seu tempo co noso alumnado de 1º de Bacharelato, impartindo un obradoiro de primeiros auxilios durante a mañá do xoves 11 de abril.
O alumnado puido así aprender unhas pautas básicas de primeiros auxilios: actuación ante atragantamento, RCP básica, posición lateral de seguridade,...
Máis fotos AQUÍ