Eventos
O IES de Porto do Son participa na Campaña de Dinamización Lingüística da mocidade estudantil, con accións directas na contorna do alumnado:
AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO! https://aquitamensefala.com/
Durante o mes de xaneiro o alumnado e o profesorado colaboraron na difusión da campaña do noso centro. Actualmente os/as alumnos/as participan de forma activa coma normalizadores/as lingüísticos/as levando os carteis do IES de Porto do Son por toda a súa contorna.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa implicación e pola boa acollida desta campaña en todo o Concello!!
O IES de Porto do Son participa na Campaña de Dinamización Lingüística da mocidade estudantil, con accións directas na contorna do alumnado:
AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO! https://aquitamensefala.com/
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo da Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizamos unha exposición no noso centro sobre O Seminario de Estudos Galegos, dentro dos actos de conmemoración do centenario da creación desta institución de alta cultura.
O alumnado da ESO realizou unha actividade de busca de información sobre o SEG a través do labor colaborativo, aprendendo a traballar en equipos.
Con esta actividade pretendemos mostrarlle ao alumando da ESO o labor determinante do Seminario de Estudos Galegos na construción da identidade galega e na modernización cultural e científica de Galicia.
Para ver máis fotos pulsar AQUÍ
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo da Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizamos unha exposición no noso centro sobre O Seminario de Estudos Galegos, dentro dos actos de conmemoración do centenario da creación desta institución de alta cultura.
O luns, día 5 de febreiro, a Xunta de Galicia abrirá o prazo para inscribirse nas probas para a obtención dos títulos de ESO e Bacharelato para persoas adultas, o que posibilita que quen non obtivera estes títulos a través do ensino ordinario, poidan acceder a eles a través dunha proba libre.
Así pois, as persoas maiores de 18 anos interesadas en obter o título de ESO teñen de prazo entre o 5 e o 21 de febreiro para a inscrición en primeira convocatoria, e do 8 ao 18 de abril en segunda convocatoria. Os centros nos que se poderá presentar a solicitude son a EPAPÛ Eduardo Pondal (A Coruña), EPAPU Santa María de Caranza (Ferrol), IES San Clemente (Santiago de Compostela), EPAPU Albeiros (Lugo), EPAPU de Ourense, EPAPU Río Lérez (Pontevedra) e EPAPU Berbés (Vigo).
No caso das probas para a obtención do título de Bacharelato para maiores de 20 anos, o prazo de inscrición é do 15 ao 28 de febreiro. Os centros nos que se poderá presentar a solicitude son a EPAPU Eduardo Pondal (A Coruña), o IES San Clemente (Santiago de Compostela), a EPAPU Albeiros (Lugo), a EPAPU de Ourense, a EPAPU Río Lérez (Pontevedra) e a EPAPU Berbés (Vigo).
Para obter máis información, podedes pinchar nas seguintes ligazóns:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240111/AnuncioG0655-040124-0001_gl.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240123/AnuncioG0655-050124-0002_gl.html
O luns 5 de febreiro, os alumnos de 1º Bacharelato disfrutaron dunha clase cultural en inglés impartida por un nativo. Nela tiveron a oportunidade de aprender sobre a diversidade dun país tan grande como USA, centrándose especialmente na poboación de orixe irlandesa. Foi unha actividade interactiva e divertida.
O alumnado do ciclo realiza unha saída a pé dentro das actividades do módulo de organización de itinerarios.
O alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía e de 2º de Bacharelato de Economía de Empresa foron á fábrica de aluminio “Cortizo “, en Padrón, onde se visitaron as instalación e viron o proceso de fabricación do aluminio.
Alumnado da materia de Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 2ºBacharelato e alumnado de 4ºESO, participou na XV Olimpíada Xeolóxica o 7 de febreiro na Facultade de Bioloxía de Santiago de Compostela.
Parabéns a Hugo Pouso de 2º de Bacharelato A que quedou terceiro na competición individual!
O IES de Porto do Son preparouse para recibir a San Valentín!
O alumnado dispón dunha ampla colección de literatura e cine na entrada da Biblioteca.
Ademais puido escribir as súas cartas de amor ou amizade. Estas atópanse ao carón da furna que está na conserxería, onde se poideron depositar o 7, 8 e 9 de febreiro; e que foron entregadas o 15 e 16 de febreiro.
Máis información e fotos AQUÍ
Entre temporais e choiva celebrouse o Entroido un ano máis no polideportivo.
Este ano, todos os niveis tiveron representación nas diferentes comparsas.
Grazas á participación do alumnado, a un equipo de son e uns presentadores sen parangón puidose disfrutar dunhas horas de festival carnavaleiro...
Despois dunha difícil deliberación do xurado, saíron os gañadores do Entroido 2024...
1º Premio da 1ªCategoría (1º a 3º de ESO) foi para o grupo: BISTIPOI ON FIRE
2º Premio da 1ªCategoría (1º a 3º de ESO) foi para o grupo: DIVINAMENTE DIVINAS
1º Premio da 2ªCategoría (4º de ESO / BACHARELATO / CICLO) foi para o grupo: O CIRCO DO SON
2º Premio da 2ªCategoría (4º de ESO / BACHARELATO / CICLO) foi para o grupo: OS TROLLS
O festival rematou coa actuación do grupo de profes mais marchosos do Instituto, que nos trasladaron por un momento aos anos oitenta...
Para ver máis fotos, pulsar AQUÍ
Sáida de 40km en bicicleta de montaña pola contorna da comarca do barbanza, o alumnado do ciclo sigue formándose para o guiado de actividades en montaña
O alumnado do ciclo ven de facer o segundo barranco para a súa formación no ciclo
Durante a mañá do mércores 21 de febreiro algúns alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO participaron na primeira proba do circuíto de deporte escolar na modalidade de Orientación clasificatoria para a fase provincial no campo de fútbol de San Lázaro en Noia.
Para ver fotos dos clasificados, pulsar AQUÍ
Durante a mañá do mércores 21 de febreiro algúns alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO participaron na primeira proba do circuíto de deporte escolar na modalidade de Orientación clasificatoria para a fase provincial no campo de fútbol de San Lázaro en Noia.
No IES Porto do Son celebramos o DÍA DE ROSALÍA, a conmemoración do 187 aniversario do seu nacemento, o 23 DE FEBREIRO de 1837. Levamos a cabo moitas actividades para poñer en valor a gran figura das nosas letras, referente indispensable da nosa cultura. Realizamos varias exposicións, recreacións de poemas de Rosalía do alumnado de 3ª da ESO, mostra de obras da autora e de poetas que seguen o ronsel rosaliano etc. Durante os dous recreos, na entrada do centro e na biblioteca, puidemos escoitar a varios artistas que musican a Rosalía. Ademais, fixemos chegar a autora a todas as aulas a través de actividades e dispuxemos dunha sección de poemas para levar, facendo deste xeito que Rosalía acompañe o noso alumando alén do noso centro.
Máis fotos AQUÍ
Durante a mañá do martes 27 de febreiro tivo lugar a Segunda fase na competición escolar de campo a través. A ela só accederon os alumnos e alumnas clasificadas na fase zonal. No caso do noso IES, foron 5 (2 nenos, de 1º e 2º da ESO e 3 nenas de 2º da ESO). A proba desputouse no circuito de San Lázaro, en Noia.
Parabéns ás rapazas de 2º de ESO que conseguiron quedar no 3º posto por equipos e a Carmen Paz que conseguiu o 1º posto en individual!
Máis fotos AQUÍ
Segunda fase na competición escolar de campo a través en Noia.
O alumnado do ciclo ven de realizar o módulo invernal da súa formación en cabeza de Manzaneda.
|
|
O alumnado do ciclo ven de realizar o módulo invernal da súa formación en cabeza de Manzaneda.
|
|
O mércores 28 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, fixo unha saída a Lugo para asistir á función da obra de teatro MEDEA, dentro do festival de teatro grecolatino na sua vigésimoterceira edición, creado pola Sociedade de estudos clásicos.
Aproveitaron tamén para visitar a cidade de Lugo e para facer unha parada no Templo romano de Santa Eulalia de Bóveda.
Máis fotos AQUÍ
O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, fixeron unha saída a Lugo para asistir á función da obra de teatro MEDEA, visitar a cidade e o Templo romano de Santa Eulalia de Bóveda.
O alumnado do ciclo ven de realizar o módulo invernal da súa formación en cabeza de Manzaneda.
|
|
Este venres tivemos a visita de membros de Galbiotec, asociación de biotecnólogos de Galiza que na súa labor de promover a figura dos biotecnólogos e coa ansia de promover carreiras científicas impartiron unha charla ao alumnado de 4ºESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía sobre biotecnoloxía, as súas aplicacións e retos futuros. Para finalizar ensináronlle ao alumnado como facer preparacións para a observación de diferentes fases do ciclo celular e observáronnas ao microscopio.
Pódese consultar e descargar a información sobre as probas de acceso ao grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade da Coruña pulsando AQUÍ
Ligazón vídeo explicativo das probas: https://youtu.be/TZpvejgA3dU