Eventos
O alumnado de 1º e 2º do bacharelato tecnolóxico visitou a Universidade de Vigo, en concreto a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía e a Escola de Enxeñería Industrial, onde asistiron a un obradoiro sobre combustión e outro sobre Intelixencia Artificial.
Esta actividade foi organizada en colaboración co departamento de Tecnoloxía do IES Virxe do Mar de Noia.
Noraboa ao alumnado de 2º de Bacharelato que levou un premio por gañar nunha xincana
Ademáis tiveron a posibilidade de visitar as instalacións e talleres destas escolas.
Terminaron pola tarde facendo unha visita da cidade de Vigo.
Para ver máis fotos, pulsar AQUÍ
O alumnado de 1º e 2º do bacharelato tecnolóxico visitou a Universidade de Vigo, en concreto a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía e a Escola de Enxeñería Industrial.
As alumnas de francés de 1º de Bacharelato viaxaron a Madrid os días 11, 12 e 13 de xaneiro para ver a exposición de Monet e a exposición permanente Thyssen Bornemisza , visitar o Institut Français de Madrid onde puideron degustar pratos franceses, asistir ao musical Mamma Mía e por suposto visitar a cidade.
O alumnado de 3º ESO realizou unha saída á cidade da Coruña para visitar os museos de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) e a Domus: casa do home.
No Muncyt fixeron un obradoiro sobre química estudando o pH de diferentes substancias e coñeceron algúns dos inventos de investigadores e investigadoras españolas, tamén puideron observar de cerca as características dos boeing 747. Na Domus interactuaron con diferentes actividades sobre o corpo humano.
Para ver máis fotos pulsar AQUÍ.
O alumnado de 3º ESO realizou unha saída á cidade da Coruña para visitar os museos de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) e a Domus: casa do home.
O alumnado do Club de Ciencias e do Club de Lectura realizou unha saída a Pena Trevinca os días 19 e 20 de xaneiro.
Visitaron o observatorio astrónomico de Pena Trevinca, e as vilas de Allariz e Castro Caldelas.
Para ver máis fotos pulsar AQUÍ.
O alumnado do Club de ciencias e do Club de lectura realizou unha saída a Pena Trevinca os días 19 e 20 de xaneiro.