Eventos
Visita ao rocódromo de Santiago THE OTHER CLIMB
Agradecementos ao Concello pola colocación de papeleiras e pola labor de limpeza e roza na contorna do noso IES.
Dentro das actividades propostas polo Concello para a conmemoración do 25 de Novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato recibiu unhas clases para aprender estratexias para afrontar situacións de desigualdade física. Estas clases foron impartidas por Israel e Clara da escola de boxeo "EL CANARIO"de Ribeira entre o 29 de novembro e o 1 de decembro.
Para ver máis, pulsar AQUÍ

O alumnado de 2º de bac de Historia da Arte participou nunha viaxe cultural a Madrid os días 15, 16 e 17 de decembro.
Ademais de coñecer os lugares máis emblemáticos da cidade (Puerta del Sol, Alcalá, Gran Vía…), visitaron o Museo Reina Sofía, o Museo do Prado e asistiron á obra de teatro “La función que sale mal”.
Para ver máis fotos pulsar AQUÍ

Ruta de bicicleta fin de trimestre, a primeira vez que facemos 50 km por montaña
No primeiro recreo do luns 18 de decembro, fíxose o sorteo das 2 cestas de nadal.
Os números premiados foron o 3690 e o 1088.
As alumnas que venderon as rifas fixeron entrega das respectivas cestas ás dúas agraciadas.
O alumnado de 2ºCM reciben a formación para a obtención do PNB
Este mércores 20 de decembro, o alumnado de 2º de bacharelato foi a unha visita ao Salón UNITOUR en Coruña onde recibiron información sobre as diferentes ofertas formativas de graos universitarios.
O xoves 21 de decembro o alumnado de CICLO e de 1º de BACHARELATO visitou o IES Campo de San Alberto (Noia).
Ao longo de toda a mañá o alumnado de ambos institutos realizaron varias competicións deportivas e disfrutaron dunha pequena merenda contando con tempo para socializar entre eles.
Coa intención de finalizar a primeira avaliación cunha xornada de convivencia entre o alumnado de 1º ESO, disfrutar do aire libre, da actividade física e da natureza, o xoves 21 de decembro realizouse unha camiñata na contorna de Baroña e o Alto da Lomba.
Entre outros, poideron visitar os muíños e Capela de San Tomé, na parroquia de Baroña. Foron acompañados por Ovidio, presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Baroña, que fixo de guía e explicou algunhas das tarefas que se realizan na comunidade así como a historia da Capela de San Tomé.
A media mañá repuxeron forzas na Sobreira de Penas e antes de ir coller o autobús de regreso, ainda dou tempo a visitar a igrexa parroquial.