Eventos
O alumnado do IES venderá nos póximos días rifas cun valor de 2€ para entrar no sorteo de 2 cestas de Nadal.
O diñeiro recaudado, permitiralles custear parte das súas viaxes: a Londres, a París, á neve,..
O sorteo terá lugar durante os recreos do luns 18 de decembro.
Os agraciados serán chamados por teléfono e poderán pasar a recoller as respectivas cestas antes do 21 de decembro.
Grazas a todos os que colaboran e moita sorte!
O 17 de novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía, Anatomía e Cultura Científica, participaron nunha actividade para estudar a biodiversidade na parroquia de Baroña.
Para ver máis pulsar AQUÍ
O 17 de novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía, Anatomía e Cultura Científica, participaron nunha actividade para estudar a biodiversidade.
Un bioblitz é unha actividade para estudar a biodiversidade dunha zona concreta, neste caso da parroquia de Baroña, grazas á invitación da súa Comunidade de Montes.
Para esta actividade usamos a aplicación i.Naturalist que axuda na identificación das especies e permite crear proxectos de ciencia cidadá, para que entre todos coidemos do noso planeta.
Ruta no Olímpo celta do alumnado de 1º e 2º do ciclo
Nesta semana previa ao 25 de novembro contra á violencia de xénero, o alumnado do IES participou en diferentes actividades: CHARLAS SOBRE AGRESIÓNS E VIOLENCIA SEXUAL, unha obra de teatro: O PEQUENO PONI,...
Para ver máis, pulsar AQUÍ
Para escoitar pulsa MATRIARCAS-GUADI GALEGO
Durante a mañá do luns 20 de novembro, o alumnado de 3º da ESO asistiu a unhas charlas sobre agresións sexuais e violencia sexual no salón de actos.
O mércores 22 de novembro, o alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato asistiu a unha obra de teatro “O pequeno poni” na Casa da Cultura de Porto do Son.
Con esta obra pretendese visibilizar unha lacra desgraciadamente asentada nalgúns dos nosos colexios e institutos: o acoso escolar e concienciar sobre a importancia da aceptación de quen é diferente.
Ao remate, o alumnado participou nunha charla coloquio sobre a temática tratada na obra.
Visita ao rocódromo de Santiago THE OTHER CLIMB
Agradecementos ao Concello pola colocación de papeleiras e pola labor de limpeza e roza na contorna do noso IES.
Dentro das actividades propostas polo Concello para a conmemoración do 25 de Novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato recibiu unhas clases para aprender estratexias para afrontar situacións de desigualdade física. Estas clases foron impartidas por Israel e Clara da escola de boxeo "EL CANARIO"de Ribeira entre o 29 de novembro e o 1 de decembro.
Para ver máis, pulsar AQUÍ
Dentro das actividades propostas polo Concello para a conmemoración do 25 de Novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato recibiu unhas clases para aprender estratexias para afrontar situacións de desigualdade física. Estas clases foron impartidas por Israel e Clara da escola de boxeo "EL CANARIO"de Ribeira entre o 29 de novembro e o 1 de decembro.