Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
22
| 23
| 24
all day
Achegamos os enlaces ao programa de divulgación científica Da estrela Rosalía ás mulleres astrónomas. É resultado do traballo co alumnado de 3º de ESO D nas materias de Matemáticas e Lingua Galega para conmemorar o Día da Muller e a nena na Ciencia e o Día de Rosalía. Partimos da estrela Rosalía para poñer en valor as mulleres científicas e o uso da lingua galega para comunicar ciencia.
E hoxe, 24 de febreiro, pechamos coa astrónoma galega Antonia Ferrín e co sorriso fachendoso de Rosalía de Castro!
| 25
Start: 25/02/2021 09:24
COMUNICAMOS QUE: Rematado o prazo para presentación de solicitude de reserva do alumnado dos centros adscritos, tódolos solicitantes foron admitidos. | 26
all day
O alumnado da materia de Xeoloxía de 2º Bacharelato participou na XII Olimpíada Xeolóxica (este ano virtual) e os resultados, por segundo ano consecutivo, foron excelentes. Laura Pego quedou segunda na categoría individual, e por outra banda, Érika Vila, Rita Vila, Marta Olveira e María Calo, conseguiron o primeiro premio na categoría de grupos. Non hai que esquecer o bo facer de Saulo Rey, Laura Lojo e Valentín Bonfiglio axudando ao éxito do grupo. Tendo en conta a dificultade das probas e o bo nivel dos outros centros que participaron, sobran os motivos para estar orgullosos do seu traballo. Rock on!!!!!! | 27
| 28
|