Eventos - Filtro:
Mér | ||
---|---|---|
Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21. Enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30375Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles
Os trámites poden realizarse vía telemática na aplicación informática creada para tal fin: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Estimadas familias. 1. Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas. RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, O alumnado e o profesorado contan con correos web e están habituados ao seu uso nas aulas virtuais do IES. O seguimento do traballo do alumnado pode facerse por medios informáticos que eles xa coñecen de usalos nas aulas. Recomendamos que o alumnado non perda o ritmo de estudo e sexa autónomo para seguir traballando.
Se algún alumno esqueceu o seu contrasinal pode recuperalo escribindo ao correo ieson@ieson.gal indicando o seu nome e apelidos e curso. Igualmente poden expoñer nese correo as súas dúbidas.
Para información sanitaria sigan as páxinas oficiais do SERGAS e do Ministerio de Sanidade.
|